Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 03-03-2025
    Susana Rodríguez Barcia e Bosco Gil preséntannos 'Cantos do mar', unha compilación de cantigas mariñeiras de tradición anglosaxoa traducidas ao galego.
    Patty Castro pica dúas bandas galegas de death metal, os composteláns Absorbed e os lugueses Barbarian Prophecies.
    31 min
  • Diario cultural 03-03-2025
    Menos do 4% das persoas lectoras fano en galego. Un dato alarmante que se tira da última enquisa sobre hábitos de lectura. Analizámola co autor e editor Manuel Bragado, Miguel Toval, (presidente da Asociación de Editoras) e Cielo Fernández (presidenta da Federación de Libreiros)
    Carlos Crespo tráenos aos lugueses Verter GZ.
    31 min
  • Patas de Peixe e Verme Editora
    Eva Mejuto propón hoxe dúas lecturas de editoras galegas de LIX creadas por mulleres. Patas de Peixe, proxecto editorial creado pola tradutora Laura Sáez, publica Cono can e Gato cono, dous 
    álbums ilustrados das canadenses Sarah Howden e Carmen Mok. O título máis recente de Verme Editora, iniciativa de autoedición de Baia Fernández, é Caracol cara de col, que tamén incorpora un audiolibro.
    10 min
  • Chega aos cines a segunda película de Olga Osorio
    As viaxes no tempo volven ser protagonistas na segunda longametraxe de Olga Osorio. 'El secreto del orfebre' é unha historia de amor a destempo en tres períodos do século XX,
    con Mario Casas e Michele Jenner nos personaxes principais. Unha homenaxe ao cine que fai soñar que transita en paralelo á deconstrución da idea de amor romántico.
    17 min
  • 'Transeúnte'
    Afonso Becerra comenta ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez en colaboración co Centro Coreográfico Galego. Danza contemporánea que celebra a diversidade cultural, honra o pasado e abraza o futuro.
    14 min
  • ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’
    “A mostra articúlase en torno ao legado das nais”.
    O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a exposición ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’. Comisariada por Violeta Janeiro e Mariña Carrasco, reúne materiais gráficos, obxectos e documentación procedentes do arquivo e a hemeroteca da asociación das nais contra a droga, cadrando co seu 40 aniversario 
    Complétase coas creacións de 11 artistas arredor da estigmatización da muller en diálogo cos materais expostos.
    10 min
  • A crónica deportiva 28-02-2025
    Última hora do Girona – Celta e do Huesca – Rácing.
    No Deportivo, Óscar Gilsanz ve competitivo o equipo de cara a Oviedo.
    Luisito quere a mellor versión de Manu Barreiro no Compos.
    No Breogán, Luís Casimiro encantado de ter a tódolos xogadores dispoñibles para o Palau.
    30 min
  • Diario cultural 28-02-2025
    Chega aos cines a segunda película da directora luguesa Olga Osorio. 'El secreto del orfebre' está baseada nunha novela de Elia Barceló e protagonizada por Mario Casas e Michele Jenner.
    E Eva Mejuto propón lecturas de dúas editoras galegas de LIX creadas por mulleres, Patas de Peixe e Verme Editora.
    31 min
  • Diario cultural 28-02-2025
    O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a exposición ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’.
    Afonso Becerra comenta ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez en colaboración co Centro Coreográfico Galego.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades