Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • As filloas sonche o máis!
    Raquel C. Pico pescuda nas orixes das filloas. Sabiades que hai séculos foron moeda de cambio? E que ata chegou aos tribunais un intento de asasinato con filloas envelenadas?
    15 min
  • Favoritas aos María Casares
    “Exploramos os límites actorais e narrativos” Ánxeles Cuña, directora de “O dragón de ouro” (Sarabela Teatro), favorita para a edición deste ano dos Premios María Casares, con 14 nominacións.
    E con 12, ‘Iribarne’ (Butacazero), de Esther Carrodeguas “Estamos moi contentos, está a ter moi boa acollida”.
    14 min
  • A crónica deportiva 26-02-2025
    O Celta multado pola caída de obxectos na portería do Osasuna.
    O defensa central Pablo Vázquez repasa a actualidade do Deportivo.
    Luisito, novo adestrador da SD Compostela: "Xa podo morrer feliz, cumpro co soño da miña vida". Renovará se acada o obxectivo da permanencia.
    O Obradoiro presenta ó base Lucas Faggiano.
    Con Paco Santos.
    30 min
  • Diario cultural 26-02-2025
    17 finalistas para a edición deste ano dos Premios María Casares, os máis importantes do teatro galego, que se entregarán o 3 de abril na Coruña.
    A favorita é ‘O dragón de ouro’, de Sarabela, con 14 nominacións. A súa directora, Ánxeles Cuña dinos que nela se exploran os límites actorais e narrativos.
    E ‘Iribarne’ de Butacazero, opta a galardón en 12 categorías. Parabenizamos tamén a súa autora, Esther Carrodeguas.
    Raquel C. Pico pescuda nas orixes das filloas
    31 min
  • Compostela, vista por Lara Pintos
    A artista coruñesa expón as súas pinturas sobre Santiago na galería Dupla
    Monica Maneiro comenta a mostra 'Lo que cabe en una almendra', na que a artista coruñesa Lara Pintos ofrece unha mirada poética e íntima sobre Santiago. 
    Pinturas que retratan rúas icónicas de Compostela fuxindo do monumental e tamén espazos interiores que reflicten a atmosfera da cidade.
    7 min
  • De Ninghures lévannos á 'Feira'
    Feira' é o segundo disco de De Ninghures e representa unha evolución moi significativa no son do grupo, baixo a produción de Juan de Dios. 
    O novo traballo preséntase ao vivo na sala Capitol de Santiago o xoves 13 de marzo, con convidados do ámbito tradi e das músicas urbanas.
    21 min
  • ‘Domingo e outras historias’
    Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, quince relatos publicados entre 1934 e 1940 en revistas e anos despois reunidos nun libro que agora nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.
    11 min
  • Montedapena
    “É unha viaxe pola música pop”
    Montedapena, o proxecto en solitario do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta cun disco homónimo (Ernie Records) que promete non deixar indiferente a ninguén, con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar
    18 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades