Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 25-02-2025
    Terceiro partido consecutivo do Celta en sábado ás 14.00h. Iago Aspas amosa o seu malestar en RRSS.
    Comezan as semifinais de ida da Copa do Rei.: FC Barcelona - Atlético do Madrid e Real Sociedad - Real Madrid.
    Última hora do Depor e do Racing.
    Cita na LNFS. As 20:30h Noia - Xota de Pamplona.
    30 min
  • Diario cultural 25-02-2025
    Recibimos a visita de Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta en solitario como Montedapena cun disco homónimo (Ernie Records) con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar
    Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, que nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.
    31 min
  • Unha galega na Filharmónica de Berlín
    Pablo Sánchez Quinteiro pon en valor o nivel da educación musical en Galicia co exemplo de Raquel Areal, unha violinista tudense que conseguiu praza na Orquestra Filharmónica de Berlín.
    No repaso á programación da Sinfónica e da Real Filharmonía de Galicia soan a Sinfonía nº 1 de Bizet e o Preludio á sesta dun fauno' de Debussy.
    12 min
  • Viñetas en cor de Pepe Carreiro
    A exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas publicadas por Pepe Carreiro no desaparecido Xornal de Galicia na primeira década deste século.
    Moitas delas incorporan cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de humorismo gráfico en xornais de Carreiro. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Cultura,
    pode visitarse ata o 6 de marzo no local de agrupación cultural Alexandre Bóveda da Coruña, na rúa santo André.
    13 min
  • A crónica deportiva 24-02-2025
    Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, fala da morte do avó dun colexiado despois dunha agresión na bancada do pavillón de Vilalonga, en Sanxenxo
    No Celta, Europa moito máis preto que o descenso.
    A S.D. Compostela ficha a Luís Míguez "Luisito" como adestrador ata final de temporada.
    30 min
  • Diario cultural 24-02-2025
    A mostra 'Humor para mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas de Pepe Carreiro publicadas por 'Xornal de Galicia' na primeira década deste século. Política, lingua, xudicatura, condicións laborais... son algúns dos temas tratados nesta selección, que incorpora cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de Carreiro como humorista gráfico.
    Pablo Sánchez Quinteiro destaca a entrada da violinista tudense Raquel Areal na Orquestra Filharmónica de Berlín. Escoitamos ademais música de Bizet e Debussy.
    31 min
  • Diario cultural 24-02-2025
    Eva Sandino debuxa o panorama cultural na Galicia de 1985, o ano no que botou a andar a Radio Galega.
    E no directo, varios convidados.
    Pepe Ferreirós (Milladoiro) evoca aqueles tempos ”Había moitas inquedanzas. A Radio Galega supuxo un antes e un despois para a cultura do país”
    A pintora Menchu Lamas salienta que había unha actividade creadora frenética “era inventalo todo”.
    Victor Freixanes, presidente da RAG, lembra o afán por normalizar a lingua e o impacto das primeiras emisións en galego.
    Paulino Novo, filólogo e asesor da CRTVG “Estaba todo por facer, dende a gramaticalización básica á lexicografía”.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades