Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Dona Carme' e 'Números'
    Eva Mejuto proponnos un conto acumulativo e un libro sobre números
    'Dona Carme' é un conto popular acumulativo que levou ao papel Manuel Bragado con ilustracións de Iván R. 
    'Números' acaba de recibir unha mención especial nos Ragazzi Awards da feira do libro infantil de Boloña. Unha idea de Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, que propón un achegamento lúdico e familiar aos números, a través da estimulación do tacto e a vista.
    9 min
  • 'Non pasarán'
    Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, coa que andan de xira polo país. Mañá actúan en Ourense
    10 min
  • Rosalía é mundial
    Anxo Angueira debulla connosco as actividades que organizan este ano na honra de Rosalía, coa iniciativa 'Rosalía é mundial' para decatármonos de que a poeta de Padrón segue presente.
    O domingo será a xornada central canda os recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía
    31 min
  • A crónica deportiva 21-02-2025
    Yeremay segue sendo dúbida razoable para xogar ante o Huesca.
    O Racing busca aferrarse á salvación ante un Cordoba que é dos mellores a domicilio no ano 2025.
    Presenta: Javi Torres
    30 min
  • Diario cultural 21-02-2025
    O grupo muradán de rock Terbutalina despídense do público despois de 15 anos de traxectoria, 9 discos e centos de concertos. Lembramos a súa pegada na música galega con grupos influídos por eles como Grande Amore e The Rapants e compañeiros de xeración como Familia Caamagno.
    Eva Mejuto propón hoxe lecturas para os pequerrechos: 'Números', premiado en Boloña, e 'Dona Carme', un conto acumulativo de tradición oral levado ao papel por Manuel Bragado.
    31 min
  • Diario cultural 21-02-2025
    “Rosalía é mundial”
    Anxo Angueira, presidente da Fundación, debulla connosco as actividades que organizan este ano en memoria da poeta de Padrón.
    O domingo, no día da autora, será a xornada central canda aos recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía
    Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, que anda de xira polo país. Mañá actúan en Ourense
    31 min
  • De Budiño a Ruxe Ruxe
    Escoitamos con Tito Lesende música de Budiño, que o 27 de febreiro dará na sala Capitol de Santiago un concerto especial con convidados como Guadi Galego, Julián Hernández ou De Vacas.
    Tamén picamos o último single de Marián, o novo disco de Heredeiros da Crus e a Ruxe Ruxe, que continúan coa xira 'Pub Rock'.
    13 min
  • Nabiza Girl e a Cultura Minguante
    Sada acolle o domingo 23 de febreiro a estrea de 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante'. A superheroína interpretada por Isabel Risco enfróntase desta volta ao esmorecer da cultura galega.
    15 min
  • 'El mono' e 'Daniela Forever'
    Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo.
    Unha comedia de terror baseada nun relato de Stephen King e un drama romántico de ciencia ficción.
    12 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades