Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 04-03-2025
    O Celta celebrará o entroido este sábado en Balaídos
    .O partido coa UD As Palmas, será o luns 31 de marzo ás 21:00h.
    No Rácing, Alejandro Menéndez ofrece argumentos para crer na recuperación na previa de recibir o Burgos.
    No Ensino Antonio Pernas fala do potencial interior do Guernika, que mañá visita o Pazo lugués
    30 min
  • Diario cultural 04-03-2025
    ‘Corentena. Game over’, de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, un show que combina teatro e videoxogo, un espectáculo interactivo que arranca xira o día 7 en Pontevedra.
    Dolores Vilavedra comenta ‘Son coma glaciares os barcos de aceiro’, de Cynthia Menéndez.
    31 min
  • Diario cultural 04-03-2025
    Chega aos teatros a montaxe 'As desterradas', baseada na peza do mesmo título coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro. A historia das monxas rebeldes de San Salvador de Albeos está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.
    Mónica Maneiro avánzanos a presenza galega en ARCO e noutras feiras de arte contemporánea que se desenvolven esta semana en Madrid.
    31 min
  • Absorbed e Barbarian Prophecies
    Death metal desde Santiago e Lugo
    Patty Castro pica música dos composteláns Absorbed, activos nos primeiros anos noventa. Tamén coñecemos os lugueses Barbarian Prophecies, que ademais de facer
    música colaboran en diferentes iniciativas para fortalecer a escena underground galega.
    10 min
  • 'Cantos do mar', a banda sonora do traballo nos barcos
    Susana Rodríguez Barcia e Bosco García de Gárate son os autores de 'Cantos do mar', un libro que compila, traduce ao galego e contextualiza 60 cantigas mariñeiras de diferentes países atlánticos.
    A maioría son cantos de traballo e servían para optimizar o labor a bordo, pero neles tamén se fala de praceres, saudade e dereitos laborais.
    Un código QR permite acceder a unha lista de versións musicais dos sesenta cantos que reúne a obra.
    19 min
  • Verter GZ
    Carlos Crespo tráenos aos lugueses Verter GZ. Miguel e Fiz definen o seu traballo coma unha mistura de diferentes xéneros con música electrónica e letras de humor
    15 min
  • Cada da vez lemos menos na nosa lingua
    "Fan falta políticas públicas a prol do libro en galego. A Xunta ten que facer máis"
    Menos do 4% das persoas lectoras fano en galego . Un dato alarmante que se tira da última enquisa sobre hábitos de lectura. Analizámola co autor e editor Manuel Bragado, Miguel Toval, (presidente da Asociación de Editoras) e Cielo Fernández (presidenta da Federación de Libreiros)
    14 min
  • A crónica deportiva 03-03-2025
    Vitoria de sona do Deportivo no Carlos Tartiere.
    O Rácing recibe este mércores ao Burgos na derradeira posibilidade de enganchar coa permanencia.
    Iago Iglesias, adestrador do Pontevedra , doente coa arbitraxe
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades