Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Arranca a sétima edición do Clasclás
    Tiro de saída para a sétima edición do Clasclás, o festival internacional de música clásica que ten lugar en Vilagarcía.
    Falamos coa directora do Conservatorio profesional e tamén do certame, Rosina Sabrido
    16 min
  • Voces do Gozo Festival
    Escoitamos con Tito Lesende os artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago.
    De Ed Sheeran a Fillas de Cassandra, pasando por Bomba Estéreo, Mon Laferte, Angelina Mango e Milky Chance.
    31 min
  • Arte e física, mirando xuntas máis alá
    O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías conmemora o seu 25 aniversario cunha exposición de arte realizada en colaboración co departamento artístico do CERN. 'Instrumentos de visión' achega vídeos e fotografías
    do artista italoalemán Armin Linke sobre as complexas ferramentas que a ciencia contemporánea utiliza para investigar a composición da materia. 
    A comisaria da mostra é a compostelá Mónica Bello, coa que conversamos sobre as interseccións entre ciencia e arte.
    31 min
  • Del revés 2 e Alumbramiento
    Xa está nos cines Del revés 2. Agora coa nena protagonista entrando na adolescencia da man de dúas emocións máis.
    A outra película que nos trae Moncho Lemos é Alumbramiento, que aborda o internamento de adolescentes embarazadas e o roubo de bebés na España dos 80’s
    31 min
  • Dique. Marta Pazos dirixe o novo espectáculo de Nova Galega de Danza
    “Dique tamén cuestiona a cultura do esforzo”
    Hai 150 anos 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. A escavación do Dique da Campa de Ferrol centra o espectáculo que dirixe Marta Pazos: “Para min é importante honrar o legado para sementar o que vén”. Falamos coa directora e co responsable de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz: “Entendín que tiña que ser contado doutra maneira”
    31 min
  • Diario cultural 20-06-2024
    Vilagarcía acolle deica o día 29 a sétima edición do Clasclás, o Festival Internacional de música clásica.
    Nova Galega de Danza estrea Dique.
    Tritón, de Blanca Riestra é o noso libro da semana.
    16 min
  • Diario cultural 20-06-2024
    As traballadoras que escavaron o Dique da Campa de Ferrol protagonizan o novo espectáculo de Nova Galega de Danza. E estreas de cine con Moncho Lemos
    Estrea en Santiago de Dique. A coprodución de Nova Galega de Danza co Centro Coregráfico conta coa dirección de Marta Pazos: “Para min cada proceso ten que ser un espazo de transformación”.
    Moncho Lemos tráenos Del revés 2 e Alumbramiento, xa en cines
    31 min
  • Diario cultural 20-06-2024
    O IGFAE, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, conmemora 25 anos cunha exposición de arte, 'Instrumentos de visión', de Armin Linke, comisariada por Mónica Bello.
    Repasamos con Tito Lesende a música dalgúns dos artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago de Compostela
    31 min
  • Las Edades del hombre
    Santiago acolle a exposición itinerante de arte sacra Las edades del hombre.
    “Hospitalitas” comparte sede entre Compostela e Vilafranca do Bierzo.
    Pode visitarse ata novembro na catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Falamos co comisario da mostra, Ramón Yzquierdo
    16 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades