Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Xerme
    Luz Castro tráenos na súa derradeira colaboración da tempada Xerme, de Acariño Games, unha aventura de descubrimento coa enerxía coma protagonista. Tamén nos recomenda achegarnos ao Museo do Videoxogo de Cangas, que acaba de abrir un salón Arcade.
    32 min
  • O legado de Enrique Macías
    “O meu irmán era un gran intelectual moi descoñecido”
    29 anos despois da morte do compositor a familia atopa o espazo para os materiais que conforman o arquivo de Enrique Macías. “Queremos que ese material poda ser estudado e darlle valor ao seu traballo”. Falamos con Xabier Macías, irmán do compositor, e con Roberto Oliveira, investigador e responsable da dixitalización do legado.
    32 min
  • A crónica deportiva 19-06-2024
    O Uni Ferrol competirá en Europa e presenta a Blanca Millan.
    O ourensán Javi Rey, ex do CD Arenteiro, é o novo adestrador da SD Ponferradina.
    O hinmo do centenario "Oliveira dos Cen Anos", de C .Tangana, gaña tres premios no Festival Internacional de Creatividade de Cannes.
    30 min
  • Diario cultural 19-06-2024
    Santiago acolle a exposición itinerante de arte sacra Las edades del hombre. Pode visitarse ata novembro na catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Falamos co comisario da mostra, Ramón Yzquierdo.
    A italiana María Mazzotta actúa en Santiago no marco da súa xira Amoreamaro
    16 min
  • Cómics de aquí e acolá
    Mergullámonos en tres cómics en galego chegados recentemente ás librarías. 'Idol!', de Alba Chan e Ene, é un cómic xuvenil inspirado no k-pop e protagonizado por dúas mozas de 16 anos que participan nun 'talent show'. O libro gañou o premio de BD O Garaxe Hermético e está publicado por Edicións Xerais. 'Herba' (Rinoceronte Editora) é a novela gráfica da coreana Keum Suk Gendry-Kim sobre unha das miles de mulleres que foron escravizadas sexualmente polo exército xaponés, traducida ao galego por Alba Verea Pérez. 'Cando sopra o vento' (Retranca Editora) é un clásico antibelicista do británico Raymond Briggs con versión galega de Alejandro Tobar.
    31 min
  • Diario cultural 19-06-2024
    Falamos de tres cómics en galego que chegaron recentemente ás librarías. O cómic xuvenil 'Idol!' de Alba Chan e Ene, a novela gráfica 'Herba', de Keum Suk Gendry-Kim, traducida desde o coreano por Alba Verea Pérez e mais 'Cando sopra o vento' de Raymond Briggs, con versión galega de Alejandro Tobar.
    31 min
  • Diario cultural 19-06-2024
    A familia de Enrique Macías deposita na USC o arquivo do compositor para o seu estudo e divulgación.  E Luz Castro despide tempada de vídeoxogos con Xerme
    Partituras, programas, cintas magnetofónicas...o arquivo de Macías será custodiado na Universidade de Santiago.“Como moitos artistas galegos é máis descoñecido na nosa terra que fóra”. E Luz Castro fala de Xerme no peche da tempada.
    32 min
  • Algo que brilla
    Na Avenida de Europa, en Vigo, agóchase un xardín botánico que é unha alfaia de biodiversidade. Estes días a Fundación Sales acolle unha bienal de arte multidisciplinar
    Falamos coa comisaria da mostra, Sandra R.G., e coa bióloga Patricia Vázquez.
    16 min
  • 'Simbiose', gráfica seriada e expandida
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Simbiose', unha mostra de gráfica expandida na que presentan as súas creacións 24 artistas de España e Portugal, entre eles un bo número de membros do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra forma parte dun proxecto artístico Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo'.
    31 min
  • O 'Amuleto' de Grampoder
    Roi Fernández e Martiño Suárez forman Grampoder, un dúo nacido das cinzas do grupo The Homens que acaba de publicar o seu terceiro LP.
    'Amuleto' aproveita ao máximo o formato de guitarra e batería para soster cancións que narran o desencanto vital de toda unha xeración.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades