Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • O nadador
    Dolores Vilavedra remata tempada con O nadador, de John Cheever, traducido ao galego por Moisés Barcia para Rinoceronte.
    Personaxes adúlteros, nómades, insatisfeitos que desexan evadirse e mudan de vida nun instante…
    Este é o quinto dos seis volumes de contos que publicou John Cheever, e o mellor de todos eles, segundo a crítica.
    31 min
  • A crónica deportiva 18-06-2024
    O porteiro polaco Michal Kaluza renova no Burela FS.Xa hai calendario completo da 1ª División. O RC Celta comeza co Alavés e co Valencia en Balaídos.
    Sergio Ramos di que xa cumpríu cos seus obxetivos no Sevilla e por iso marcha.
    Fredy Álvarez renova dúas temporadas no Celta Fortuna.
    Borja Fdez segue na UD Ourense.
    30 min
  • Diario cultural 18-06-2024
    O dúo compostelán Grampoder preséntanos o seu terceiro disco, 'Amuleto', rock adulto para a desesperanza vital.
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Simbiose', que pode visitarse no Pazo da Cultura de Pontevedra ata finais de xuño.
    31 min
  • Diario cultural 18-06-2024
    O novo libro de poemas de Rosalía Fernández Rial perfila un punto de inflexión na súa poética. E Dolores Vilavedra despide tempada con O nadador
    De centeo e durmideiras preséntase nunha edición bilingüe do selo Cuatro Lunas . “A forma é a escultura da poesía mesma”. E Dolores Vilavedra despide tempada cos contos de John Cheever
    31 min
  • De centeo e durmideiras
    De centeo e durmideiras. Todo corpo é unha illa
    Rosalía Fernández Rial presenta o seu novo libro na Coruña
    “As poetas temos a obriga moral de deixar fluír a verdade”. A procura doutra linguaxe en De centeo e durmideiras que a escritora presenta acompañado dun EP. Falamos con Rosalía Fernández Rial deste libro e doutros diálogos interartísticos.
    31 min
  • Carricantas e satélites
    No Café Cósmico con Estíbaliz Espinosa falamos hoxe de carricantas e de enxames de satélites espaciais, con versos de Samuel L. París
    31 min
  • 'Future Stories', a mirada de 3 novos fotógrafos
    O peirao de Batería da Coruña volve acoller unha exposición de fotografía contemporánea. Neste caso, 'Future Stories', unha mostra que recolle series de tres fotógrafos novos, Umesh Graña, Sofía Taboada e Alba Jiménez.
    Os tres creadores tituláronse en Fotografía na Escola Mestre Mateo de Santiago e foron seleccionados pola Fundación MOP para un programa formativo sobre fotografía de moda en Milán. A mostra 'Future Stories' pode visitarse ata o 31 de xullo e compleméntase con encontros coa escritora Milena Busquets, o fotógrafo Nick Knight e o arquitecto David Chipperfield.
    31 min
  • Basal. Trenzando palabras. Pensar, sentir e actuar
    Preséntase como unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Basal  reúne nove cancións nun percorrido musical que explora diversos xéneros” Quería facer o disco máis libre desde que comecei con 25 anos”. Soará en concerto o día 23 no Teatro Colón: “penso a música como arte escénica”. Falamos con Ugía Pedreira do seu novo disco
    31 min
  • Música tradicional para despedir a tempada
    Remata por esta temporada a colaboración do noso experto en música tradicional.
    Escoitamos a Ansuíña e Maré. E como adianto dos convidados de Lume na palleira do domingo vindeiro, Brincadeira e Os do fondo da barra.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades