Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 01-04-2024
    Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia.
    Nun mes moi especial para os nosos veciños portugueses Emilio Españadero tráenos as melodías e as voces de varios artistas do país luso: Espiral e "Pantagruel", Ana Moura e "Janela Escancarada", Luís Peixoto e "Please Take Care" e María Ana Bobone e "Barco negro".
    30 min
  • Nabiza girl
    A serie protagonizada por Nabiza girl "Así falamos, así sentimos", busca reforzar a identidade galega entre a mocidade. Pode verse en redes sociais coma Instagram e TikTok,.
    10 min
  • 'Puan' e 'La Bête'
    Moncho Lemos escolma as estreas cinematográficas máis interesantes da Semana Santa. 'Puan', de María Alché e Benjamín Naishtat, unha comedia dramática arxentina premiada no festival de Donostia e mais 'La Bête', un filme de ciencia ficción de Bertrand Bonello a partir dun relato de Henry James.
    11 min
  • Diario cultural 29-03-2024
    A mostra “A inquietude creativa” percorre 50 anos do traballo do pintor lugués Joaquín García-Gesto. Unha exposición antolóxica que se pode ver na sede de AFundación en Lugo.
    "Sobre" de Teatro Ensalle no comentario de artes escénicas de Afonso Becerra.
    30 min
  • O último de Madruga Works e Under Castle
    Con Luz Castro falamos dos últimos traballos de dous estudos galegos. O incipiente Under Castle está a piques de sacar 'Xelatina ten fame' e o xa consolidado Madruga Works lanzou o pasado ano 'The Mobius Machine'.
    8 min
  • Os 40 anos do Centro Dramático Galego
    Nun 27 de marzo de 1984, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Eduardo Alonso, Fran Nuñez, Xulio Lago e Tamara Canosa falan da historia e do presente do CDG.
    21 min
  • A crónica deportiva 27-03-2024
    A pontevedresa Tere Abelleira, convocada pola seleccionadora española de fútbol para os partidos de clasificacación da Eurocopa Suíza 24 fronte Suíza e Chequia o mes vindeiro.
    E mañá na Radio Galega Galicia en Goles coa retransmisión da xornada 25 da liga da terceira división. Hoxe pasaron polos nosos micrófonos os adestradores do Celta e o Bergantiños,
    29 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades