Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 25-03-2024
    'O Corno' con 7, 'Matria' con 5 con e 'Rapa' con 3 foron as gañadoras dos premios Mestre Mateo nunha das galas máis celebradas da historia dos galardóns que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Conversamos coa directora de 'O Corno', Jaione Camborda, a actriz María Vázquez, protagonista de 'Matria' e Alfonso Blanco, director de Portocabo, productora de 'Rapa'.
    Con Emilio Españadero falamos da banda sonora orixinal do documental 'Un guerrillero llamado Santiso' a cargo de Jorge Prada: "O camín do Carral". Tamén escoitamos "La Palmira" do grupo Carrión de Palencia e os "Ruliños" d'A Roda.
    29 min
  • Astérix en galego e poesía no vento
    Astérix en galego e poesía no vento
    Eva Mejuto conmemora o Día da Poesía e o Día da Banda Deseñada nas súas propostas lectoras desta semana. Falamos das traducións ao galego de 
    Astérix e mais do poemario 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro.
    10 min
  • A gordofobia a escena
    A gordofobia a escena
    'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada' é o monólogo que a dramaturga Esther Carrodeguas lle dedica á nosa difícil relación
    co propio corpo.
    19 min
  • Os gañadores dos María Casares
    Os Premios María Casares de Teatro que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregáronse onte no Rosalía da Coruña. Nunha festa chea de música e de mar, a gran triunfadora foi 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. Falamos co seu director, Tito Asorey, e coa actriz protagonista premiada: Marta Lado. Ademais, conversamos tamén con Artur Trillo e Quico Cadaval, mellor dirección xunto con Tito, por 'O auto do Castromil'. Todo coa colaboración do noso experto Afonso Becerra.
    29 min
  • A crónica deportiva 22-03-2024
    A baloncestista ourensá mancouse na Copa da Raíña e non poderá ir aos xogos olímpicos.
    Moncho Fdez daralle minutos a Devon Dotson no derbi co Breo.
    O Uni Ferrol xoga os cuartos da Copa da Raíña de Baloncesto, ás 20:30h co Zaragoza.
    O RC Celta abrirá Balaídos para os seareiros o venres santo ás 10:30h.
    Repasamos a última hora do RC Deportivo, Racing Club Ferrol, Pontevedra CF e SD Compostela.
    30 min
  • Diario cultural 22-03-2024
    Esther Carrodeguas fálanos do seu monólogo teatral 'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada', que ten a súa estrea galega en Narón.
    Hai poesía e banda deseñada nas propostas lectoras de Eva Mejuto: os cómics de Astérix en galego e 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro.
    29 min
  • Diario cultural 22-03-2024
    Os Premios María Casares de Teatro que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregáronse onte no Rosalía da Coruña. Nunha festa chea de música e de mar, a gran triunfadora foi 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. Falamos co seu director, Tito Asorey, e coa actriz protagonista premiada: Marta Lado. Ademais, conversamos tamén con Artur Trillo e Quico Cadaval, mellor dirección xunto con Tito, por 'O auto do Castromil'. Todo coa colaboración do noso experto Afonso Becerra.
    30 min
  • Música para a primavera
    Escoitamos con Tito Lesende o novo disco de Pauliña, 'GALEGO IS NOT DEAD', novas cancións de Baiuca e mariagrep e Fillas de Cassandra, que serán protagonistas na noite dos Mestre Mateo
    e presumen de catro candidaturas aos premios MIN da música independente
    9 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades