Nun 27 de marzo de 1984, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Eduardo Alonso, Fran Nuñez, Xulio Lago e Tamara Canosa falan da historia e do presente do CDG.
Con Luz Castro falamos dos últimos traballos de dous estudos galegos. O incipiente Under Castle está a piques de sacar 'Xelatina ten fame' e o xa consolidado Madruga Works lanzou o pasado ano 'The Mobius Machine'.