Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 18-03-2024
    A exposición "Deuses e heroes do barroco veneciano", na sede Barrié na Coruña, tráenos un anaco da extraordinaria e exuberante pintura barroca que a República de Venecia empregou entre os séculos dezaseis e dezaoito para proclamar ante o mundo o seu poder e magnificiencia.
    Con Emilio Españadero escoitamos a Fuxan os ventos e Milladoiro, As Lembranzas, A Tajea e Encrucillada.
    30 min
  • Diario cultural 18-03-2024
    O grupo melidense Cuarta Xusta preséntanos o seu segundo disco, 'Libre Amencer'.
    O arqueólogo Mario César Vila fálanos das fábricas de curtumes, establecementos industriais que tiveron moita importancia en Galicia ata mediados do século XX
    30 min
  • Diario cultural 18-03-2024
    O fotógrafo Jordi Bernadó presenta no MARCO o proxecto ID, unha achegamento ao xénero do retrato con personalidades do mundo contemporáneo. Achegámonos á mostra con Mari Pereira.
    15 min
  • A rodaxe de "San Simón", a MICE con "Habitar" e "Histeria do meu pequeno mundo"
    No programa de hoxe indagamos na rodaxe de “San Simón” unha película de ficción baseada en feitos reais. Recrean o pasado da illa de Redondela como colonia penitenciaria franquista.
    Comeza en Santiago a Mice, Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. Falamos coa directora, Ana Estévez, e con Anxos Fazáns, que presenta “Habitar” no festival compostelán.
    Pablo Fontenla estreou esta semana “Histeria do meu pequeño mundo”, baseada nun relato de Isaac Asimov.
    56 min
  • Da túa man para a miña
    A exposición Da túa man para a miña abre as actividades complementarias da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en Santiago. Fran Rodriguez Casal ultima tamén a longametraxe do mesmo título que dirixe con Coral Piñeiro.
    10 min
  • Lecturas corporais con Eva Mejuto
    Eva Mejuto segue conmemorando o 8M con libros. Desta volta, Bárbaras, un achega desenfadada á menstruación de María Reimóndez, e mais Desmontando o corpo. Construíndo a ciencia,
    de Andrea Barreira Freije, sobre as irmás Fernández de la Vega.
    10 min
  • A aposta pola cultura da Comunidade de Montes de Tameiga
    Coñecemos a actividade cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, no concello de Mos, cerca de Vigo.
    Son os responsables dunha das salas de concertos máis importantes de Galicia, a Sala Rebullón, e organizan eventos como o Miúdo Fest e o recén creado Son da Rebullón
    19 min
  • 'O meu mundo non é deste reino'
    Afonso Becerra tráenos unha adaptación de Teatro da Ramboia: 'O meu mundo non é deste reino'. Trátase dunha parábola teatral que, a través dos mecanismos festivos da farsa, lévanos aos camiños máis escuros da Ditadura franquista.
    13 min
  • Chega aos cines 'Tratamos demasiado bien a las mujeres'
    Recibimos a Mamen Quintas e Cris Iglesias, produtora e actriz do filme 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', que chega aos cines apoiada pola CRTVG. A película conta cun elenco coral que encabezan Carmen Machi e Antonio de la Torre e discorre practicamente nunha única localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba.
    13 min
  • A crónica deportiva 15-03-2024
    Imanol Idiákez, adestrador do Deportivo: "O que lle pasa a David Mella é que cada semana lle pegan unha galleta".
    Así explica os problemas físicos da estrela do equipo.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades