Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 14-03-2024
    Miguel Ángel López, 'Hematocrítico', implicouse nun proxecto da asociación Concomitentes para impulsar o coidado emocional dos nenos e nenas ingresados en hospitais.
    O libro nacido daquela experiencia, Hospitalario, chega agora ás librarías da man de Triqueta Editora.
    Tito Lesende fálanos de 'La máquina del buen rollo', o terceiro disco dos muradáns The Rapants e pica tamén cancións de Éric Dopazo, Combo Paradiso e Dani Dicostas.
    30 min
  • Hospitalario
    Miguel Ángel López, 'Hematocrítico', implicouse nun proxecto da asociación Concomitentes para impulsar o coidado emocional dos nenos e nenas ingresados en hospitais.
    O libro nacido daquela experiencia, Hospitalario, chega agora ás librarías da man de Triqueta Editora.
    30 min
  • ´A Chambra. O cuarto do lado`
    “A representación destas mulleres no imaxinario colectivo é practicamente inexistente. Deuse un proceso de invisibilización e desmemoria moi claro. O que queda é nada”. Joan Morera inaugura “A chambra. O cuarto do lado” sobre a a emigración feminina ao Paris dos anos 60.
    8 min
  • Olería tradicional lucense
    ‘Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós’ é o nome da mostra que se pode visitar no Vello Cárcere de Lugo ata o 17 de maio. Hoxe levounos ata ali Vituco Neira
    30 min
  • Cemento Musgo
    Cemento Musgo preséntanos a súa fusión de música urbana e videoarte. Falamos con Sokram (tamén en Dios ke te Krew) e o artista A.L. Crego. A terceira pata do tallo é o produtor Coio, que vive en París
    O disco contén11 temas e cadansúa peza audiovisual
    30 min
  • A crónica deportiva 13-03-2024
    Claudio Giráldez toma as rendas do Celta e promete valentía no xogo, a semellanza-di- do que facía co filial.
    No Deportivo, David Mella e Kevin Sánchez,convocados coa selección española Sub 19, perderán un partido de Liga co primeiro equipo e co Fabril.
    30 min
  • Diario cultural 13-03-2024
    Descubrimos a figura de Andrés Martínez Salazar, académico que sucedeu a Manuel Murguía na Real Academia Galega e dirixiu o Arquivo do Reino de Galicia. Pedro López é o autor do volume 'Andrés Martínez Salazar: aproximación bio-bibliográfica'.
    Con Luz Castro falamos dos traballos de varios estudos galegos: Deadvivors, de Enxebre Games, e Catechesis, de Baroque Decay Games.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades