Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 15-03-2024
    Recibimos a Mamen Quintas e Cris Iglesias, produtora e actriz do filme 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', que chega aos cines apoiada pola CRTVG. A película conta cun elenco coral que encabezan Carmen Machi e Antonio de la Torre e discorre practicamente nunha única localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba.
    Afonso Becerra tráenos unha adaptación de Teatro da Ramboia: 'O meu mundo non é deste reino'. Trátase dunha parábola teatral que, a través dos mecanismos festivos da farsa, lévanos aos camiños máis escuros da Ditadura franquista.
    28 min
  • Diario cultural 15-03-2024
    Coñecemos a actividade cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, no concello de Mos, cerca de Vigo. Son os responsables dunha das salas de concertos máis importantes de Galicia, a Sala Rebullón, e organizan eventos como o Miúdo Fest e o recén creado Son da Rebullón.
    Eva Mejuto segue conmemorando o 8M con libros. Desta volta, Bárbaras, un achega desenfadada á menstruación de María Reimóndez, e mais Desmontando o corpo. Construíndo a ciencia, de Andrea Barreira Freije, sobre as xemelgas Fernández de la Vega.
    30 min
  • Diario cultural 15-03-2024
    A exposición Da túa man para a miña abre as actividades complementarias da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en Santiago. Fran Rodriguez Casal ultima tamén a longametraxe do mesmo título que dirixe con Coral Piñeiro.
    15 min
  • 'La máquina del buen rollo'
    Tito Lesende fálanos de 'La máquina del buen rollo', o terceiro disco dos muradáns The Rapants e pica tamén cancións de Éric Dopazo, Combo Paradiso e Dani Dicostas.
    30 min
  • De Galicia a Mauthausen
    Uns 9.300 españois, entre eles máis de 200 galegos, pasaron por campos de concentración nazis como o de Mauthausen. A historiadora Alba Garrido Fernández arroxa luz sobre as súas traxectorias no libro “De Galicia a Mauthausen”.
    16 min
  • Diario cultural 14-03-2024
    Uns 9.300 españois, entre eles máis de 200 galegos, pasaron por campos de concentración nazis como o de Mauthausen. A historiadora Alba Garrido Fernández arroxa luz sobre as súas traxectorias no libro “De Galicia a Mauthausen”.
    Moncho Lemos tráenos outras dúas estreas esta semana: 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', dirixida por Clara Bilbao, e 'The Iron Claw', de Sean Durkin.
    29 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades