Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 15-01-2024
    A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as 'Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia'. Nesta edición de 2024, o protagonismo é para os novos formatos de lectura. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero presenta as últimas novidades de música de raíz.
    31 min
  • 'Iribarne', unha sátira teatral sobre Manuel Fraga
    Despois da súa presentación en Madrid o pasado outono, chega a Galicia esta corrosiva revisión escénica da figura política de Manuel Fraga e da nosa historia recente. Esther Carrodeguas é a autora da peza, unha coprodución da compañía Butaca Zero co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia. Dirixida por Xavier Castiñeira, forman o elenco Mónica García, Jorge de Arcos, Anxo Outomuro, Lidia Veiga, Xurxo Cortázar e a propia Esther Carrodeguas. ‘Iribarne’ pasará nos próximos meses por Santiago, Pontevedra, O Barco, Vilagarcía, A Coruña, Lugo, Tomiño, Cangas, Narón e Ribadavia.
    17 min
  • Plásticos no mar e poesía infantil sobre o cosmos
    Na primeira conversa lectora de 2024 Eva Mejuto recupera unha obra divulgativa sobre a contaminación mariña causada polos plásticos e propón un novo álbum ilustrado de poesía infantil.
    O primeiro é o libro 'Plasticus Maritimus, unha especie invasora' da bióloga mariña portuguesa Eva Pêgo, publicado en galego por Kalandraka. A obra está narrada para a rapazada desde a experiencia persoal. Eva Pêgo describe distintos tipos de plásticos que contaminan o mar, incluído o granulado plástico que agora chega ás nosas praias, e propón diversas solucións.
    A obra ‘Canto Cosmos. Poemas e astronomía para case bebés’ é un álbum ilustrado de poesía infantil sobre planetas, estrelas e ata a materia escura. Versos de Estíbaliz Espinosa e ilustracións de Clara Cerviño neste volume publicado pola editorial Embora.
    11 min
  • A orixe e significado dos topónimos galegos
    No Diario Cultural aprendemos a orixe e significado das palabras con Antón Santamarina, un dos máis importantes lingüistas de Galicia. A Real Academia Galega ofrece na súa canle de YouTube unha nova tempada da serie audiovisual 'O seminario de onomástica responde'. Coas novas gravacións en vídeo son xa máis de 45 os episodios subidos á rede cos que podemos facer un percorrido por todo o país a través da pegada da lingua no territorio. Son palabras que empregamos na nosa vida cotiá e, en moitos casos, descoñecemos a súa orixe e verdadeiro significado. Os lingüistas arroxan luz sobre a toponimia e descubrimos que hai detrás de palabras como Orzán ou Balaídos.
    13 min
  • 'Unha inimiga do pobo' de Talía Teatro
    Afonso Becerra analiza 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. É a versión teatral da peza de Henrik Ibsen, con dramaturxia de Vanesa Sotelo e Tito Asorey. A obra estreouse en 2023 e continúa en cartel. 'Unha inimiga do pobo' é un espectáculo de grande formato, no que se equilibran de xeito moi rítmico as escenas máis dramáticas coas máis teatrais e festivas. Unha peza de teatro político sobre a corrupción do sistema, sustentada pola propia corrupción do pobo e as súas comenencias máis inmediatas.
    15 min
  • A crónica deportiva 12-01-2024
    Empezamos a crónica en Vigo escoitando a Rafa Benítez na véspera do Mallorca-Celra, duelo directo pola salvación. Na Segunda, o Racing agarda polo Espanyol coa ilusión de poñerse líder. Repasamos a actualidade da 1ª RFEF e no hóckey o Liceo queda case sen opcións na Liga de Campións tras perder co Forte dei Marmi.
    30 min
  • Diario cultural 12-01-2024
    No Diario Cultural aprendemos a orixe e significado de palabras como Orzán ou Balaídos. Temos todas as claves con Antón Santamarina, un dos máis importantes lingüistas galegos. A Real Academia Galega ofrece na súa canle de YouTube unha nova tempada da serie audiovisual 'O seminario de onomástica responde'. Coas novas gravacións en vídeo son xa máis de 45 os episodios subidos á rede cos que podemos facer un percorrido por todo o país a través da pegada da lingua no territorio. Na sección de voces expertas, Afonso Becerra analiza a última produción de Talía Teatro: 'Unha inimiga do pobo'.
    30 min
  • Diario cultural 12-01-2024
    A galega Carolina Rodríguez Canosa é a oboe coprincipal da Sinfónica de Galicia. Falamos con ela da súa traxectoria profesional e dos soños cumpridos, nunha entrevista no Diario Cultural.
    17 min
  • Diario cultural 12-01-2024
    Chega a Galicia a peza teatral 'Iribarne', unha corrosiva revisión escénica da figura política de Manuel Fraga e da nosa historia recente. Esther Carrodeguas é a autora da peza, unha coprodución da compañía Butaca Zero co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia.
    Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recupera unha obra divulgativa sobre a contaminación mariña causada polos plásticos e propón un novo álbum ilustrado de poesía infantil.
    32 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades