Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Perder as bestas', de Manuel Veiga Taboada
    Entrevista con Manuel Veiga Taboada, o autor da novela 'Perder as bestas', publicada por Xerais en 2023. Son 120 páxinas que nos mergullan na violenta peripecia dunha contrapartida, grupos organizados polo réxime para combater as partidas guerrilleiras, facéndose pasar por elas e sementando o terror entre a poboación. "Ao lector de hoxe esta violencia pódelle parecer esaxerada, pero era así e peor", explica o autor neste Diario Cultural.
    25 min
  • Diario cultural 10-01-2024
    A sede coruñesa da cinemateca da Xunta ofrece, en colaboración coa Fundación Xapón, unha escolma de sete fitas do cineasta xaponés Masahiro Shinoda. No Diario Cultural entrevistamos a Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia. "É unha oportunidade única, non é fácil acceder a estes filmes", asegura nas ondas da Radio Galega.
    15 min
  • Diario cultural 10-01-2024
    Os grandes clásicos da historia do cine proxéctanse, en versión orixinal, no Teatro Colón da Coruña, con cineastas e escritores que comentarán os filmes. Os convidados son persoeiros relevantes da cultura como Elvira Lindo, Paco Plaza ou Jaione Camborda, directora de ‘O Corno’ e recente Concha de Ouro. Na sección de voces expertas, Luís Miguel Crespo destaca a zarzuela galega ‘Miñatos de Vran’ que volve á escena case un século despois da súa primeira representación. A dirección escénica está a cargo de José Álvarez, con música de José Fernández Vide e co libreto orixinal de Enrique Zas de 1928, reelaborado por Ramón Otero Pedrayo no 1959.
    30 min
  • Diario cultural 10-01-2024
    Entrevista con Manuel Veiga Taboada, o autor da novela 'Perder as bestas', publicada por Xerais en 2023. Son 120 páxinas que nos mergullan na violenta peripecia dunha contrapartida, grupos organizados polo réxime para combater as partidas guerrilleiras, facéndose pasar por elas e sementando o terror entre a poboación. "Ao lector de hoxe esta violencia pódelle parecer esaxerada, pero era así e peor", explica o autor neste Diario Cultural.
    30 min
  • Un instrumento pequeno que agacha unha grande historia
    O musicólogo Javier María López preséntanos ‘Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada’. Este libro-cd percorre a fascinante historia dun instrumento musical espallado por todo o mundo e que recibiu máis de mil denominacións: birimbao, arpa da boca ou guimbarda. Na Fonsagrada, a comarca galega na que máis se preservou a súa memoria, chámanlle trompa. Alí naceu o principal protagonista desta obra, Herminio Villaverde, un labrador finado en 1991, virtuoso da trompa e figura clave para transmitir este legado musical ata nós. ‘Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada’ é o último volume da colección Chave Mestra da Central Folque.
    19 min
  • ‘Nocturnos’, arte para a memoria histórica
    Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Nocturnos’, de Nicolás Combarro, que pode visitarse na galería Nordés de Santiago ata o 26 de xaneiro. Unha proposta que explora as arquitecturas de represión que someteron os republicanos españois na Península e en Francia. Cárceres e campos de concentración retratados en fotografías só parcialmente iluminadas, en gravados destas arquitecturas represivas sobre planchas de Vinc ou en esculturas realizadas con moldes de cascallos do antigo cárcere de Carabanchel. Unha mostra para iluminar o pasado a través dos espazos de violencia e represión.
    8 min
  • Colmeiro e Granell, o surrealismo no exilio
    A exposición 'Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio' pode verse na Casa das Artes de Vigo ata o 14 de xaneiro. Este proxecto pretende unha lectura do impacto do movemento surrealista na obra do pintor Manuel Colmeiro nas décadas dos anos trinta e corenta. A exposición mostra os puntos de conexión coa obra de Eugenio Granell, pintor da mesma xeración e figura de referencia do surrealismo desde os anos corenta. Ambos teñen traxectorias vitais marcadas polo exilio e pola súa presenza en América Latina. No Diario Cultural entrevistamos a Carlos López Bernárdez, comisario da exposición.
    15 min
  • 'Delicioso suicidio en grupo', de Arto Paasilinna
    Dolores Vilavedra recomenda a obra ‘Delicioso suicidio en grupo’, do escritor finés Arto Paasilinna. A editorial Rinoceronte publica a edición en galego. A obra orixinal publicouse por primeira vez en 1990. A novela relata o drama do suicidio cunha ollada de humor. A obra é unha reflexión sobre Finlandia, un dos países coas taxas de suicidio máis altas do mundo.
    12 min
  • A crónica deportiva 09-01-2024
    Rafa Benítez alégrase por ter que volver a Valencia nos oitavos da Copa pero aspira a que o Celta poida xogar unha eliminatoria en Balaídos. No Racing, Vadillo examina o Espanyol antes de se enfrontar ao seu ex equipo. E en León, escoitamos a Quique Fornos a uns días de volver a Riazor pero agora coa Cultural. Ademais, baloncesto coa previa do segundo partido entre o Breo e o Pinar.
    30 min
  • Diario cultural 09-01-2024
    A exposición ‘Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio’ amosa a relación e o impacto entre as obras dos pintores Manuel Colmeiro e Eugenio Granell. Ambos con traxectorias vitais marcadas polo exilio, o avance do fascismo e a persecución da cultura. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda ‘Delicioso suicidio en grupo’, de Arto Paasilinna.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades