Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A pegada de Pablo Picasso na escola da Coruña onde estudou
    A Escola de Arte e Superior de Deseño da Coruña leva o nome de Pablo Picasso, que estudou tres cursos nesta institución, entre 1892 e 1895. Tras a celebración do Ano Picasso, a escola incorpora unha exposición permanente que recupera esculturas e láminas que o artista reproduciu durante a súa etapa coruñesa e facsímiles da súa documentación académica. A exposición reivindica a importancia da estadía coruñesa na obra de Picasso e mostra a evolución das ensinanzas artísticas. "Conservouse toda a documentación académica de Picasso, as súas calificacións, as probas de exame e a lista dos seus compañeiros de clase", asegura Elena Pardo, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
    14 min
  • 'Honeymoon' e 'Perfect days'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas: 'Honeymoon' do galego Enrique Otero; e 'Perfect Days', a última longametraxe de Win Wenders. A película 'Honeymoon' é unha viaxe dende o drama ata a comedia que demostra a capacidade do ser humano para facerlle fronte a situacións complicadas. O filme mantén a atención do espectador ata o último fotograma. A segunda estrea é o filme 'Perfect Days'. O protagonista é un home tranquilo que traballa limpando os baños públicos en Xapón. É un guión enigmático que narra a historia dun home cunha vida sinxela e feliz. Conforme avanza a longametraxe, o espectador vai descubrindo que o protagonista tiña unha vida anterior ben distinta á actual.
    14 min
  • 'Feelings', de Janet Novás
    A artista Janet Novás protagoniza a performance ‘Feelings’ na Fundación Luis Seoane da Coruña. Janet Novás é un nome de referencia na danza contemporánea e, ademais, está na lista de aspirantes aos Premios Goya que se van entregar en Valladolid o 10 de febreiro. O seu traballo como protagonista no filme ‘O Corno’, de Jaione Camborda, deu un xiro inesperado a súa carreira artística. O seu traballo sorprendeu a todos os espectadores, pola profundidade da súa personaxe María, unha mariscadora da Illa de Arousa. Neste Diario Cultural entrevistamos a Janet Novás e facemos un percorrido ao longo da súa traxectoria artística. “Unha das primeiras veces que bailei sentín un ‘subidón’ de emocións, namoreime dese momento e, a día de hoxe, sigo buscando sentir o mesmo en cada obra”, explica a artista nas ondas da Radio Galega.
    14 min
  • A crónica deportiva 11-01-2024
    Agustín Marchesín marcha do Celta sen traspaso pero agora o club pode gastar o seu salario nunha ou dúas incorporacións. No Deportivo, Idiakez suspende o adestramento polo mal estado do céspede e en Lugo escoitamos a Paulo Alves antes do partido co Tarazona. No baloncesto, Sergi Quintela celebra a vitoria sober o Karsiyaka co premio ao mellor do último mes.
    30 min
  • Diario cultural 11-01-2024
    A artista Janet Novás protagoniza a performance 'Feelings' na Fundación Luis Seoane da Coruña. Janet Novás é un nome de referencia na danza contemporánea e, ademais, está na lista de aspirantes aos Premios Goya co seu traballo como protagonista no filme 'O Corno'. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos comenta as últimas estreas cinematográficas: 'Honeymoon' e 'Perfect Days'.
    30 min
  • Diario cultural 11-01-2024
    Xa está en cines a película 'Honeymoon', do galego Enrique Otero e protagonizada por Nathalie Poza e Javier Gutiérrez. "É unha historia de amor, pero sobre todo de segundas oportunidades", explica a actriz do filme María Vázquez nunha entrevista no Diario Cultural. A película parte dun drama, a morte dun fillo nun país estranxeiro, pero o relato constrúese a través da comedia e o humor. Un filme que mantén a atención do espectador ata o último minuto.
    15 min
  • Diario cultural 11-01-2024
    A Escola Pablo Picasso da Coruña dá a coñecer documentación académica do artista entre os anos 1892 e 1895 na Mostra 'Picasso, alumno desta escola'. A mostra conta con láminas mitolóxicas, ilustracións da cidade e as notas sobresaíntes de Picasso, así como a súa primeira obra mestra. É a última das exposicións conmemorativas polo seu aniversario. Na sección de voces expertas, Tito Lesende preséntanos as novidades na escena musical.
    30 min
  • 'As mellores películas da historia', no Teatro Colón da Coruña
    Os grandes clásicos da historia do cine proxéctanse, en versión orixinal, no Teatro Colón da Coruña, con convidados de excepción que comentarán os filmes. Nos coloquios participan cineastas e escritores como Elvira Lindo, Paco Plaza ou Jaione Camborda, directora de ‘O Corno’ e recente Concha de Ouro. No Diario Cultural entrevistamos a Javier Trigales, coordinador deste ciclo de cinema. Entre os filmes están ‘O apartamento’, ‘Ao final da escapada’, ‘Cidadán Kane’, ‘O piano’, ‘O espírito da colmea’ ou ‘Psicose’.
    15 min
  • 'Miñatos de Vran', con libreto orixinal de Enrique Zas e Ramón Otero Pedrayo
    Luís Miguel Crespo analiza a zarzuela galega 'Miñatos de Vran' que volve á escena con representacións no Auditorio de Vilagarcía e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Os protagonistas son a Banda de Música Municipal de Santiago, baixo a dirección de David Fiuza; o Coro Asociación Liceo de Vilagarcia dirixido por Josefa Dorado Soto; a formación Antigos Tunos de Santiago; e as voces solistas principais da soprano Patricia Rodríguez Rico, o barítono Gabriel Alonso e o tenor Diego Neira. A dirección escénica está a cargo de José Álvarez, con música de José Fernández Vide e co libreto orixinal de Enrique Zas de 1928, reelaborado por Ramón Otero Pedrayo no 1959.
    13 min
  • A crónica deportiva 10-01-2024
    Ian Mackay dille adeus á afección do Deportivo e admite que o de Castelló foi o peor día da súa carreira como porteiro. En Vigo, mentres, están pendentes de que se faga oficial a saída de Marchesín. E tamén escoitamos a Íker Losada no Racing e o breoganista Albert Ventura.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades