Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 09-01-2024
    O musicólogo Javier María López preséntanos ‘Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada’. Este libro-cd percorre a fascinante historia dun instrumento musical espallado por todo o mundo e que recibiu máis de mil denominacións: birimbao, arpa da boca ou guimbarda. Na Fonsagrada, a comarca galega na que máis se preservou a súa memoria, chámanlle trompa. Alí naceu o principal protagonista desta obra, Herminio Villaverde, un labrador finado en 1991, virtuoso da trompa e figura clave para transmitir este legado musical ata nós. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro reomenda a exposición ‘Nocturnos’, de Nicolás Combarro.
    30 min
  • Diario cultural 09-01-2024
    Este 2024 Fina Casalderrey é finalista de dous dos premios máis importantes do mundo na literatura infantil Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Neste Diario Cultural entrevistamos a escritora Fina Casalderrey e a David Cortizo, o presidente de Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
    15 min
  • ‘Os Andares’, viaxes sonoras para camiñar a comarca dos Ancares
    ‘Os Andares’ é unha serie de viaxes sonoras para acompañar camiñadas pola comarca dos Ancares. Unha proposta de docuficción baseada na investigación sobre o patrimonio da comarca, na evocación sonora e na escrita de María Lado, Clara Gayo ou Avelina Pérez, entre outros autores. ‘Os Andares’ percorre en cada episodio un itinerario por un dos seis concellos da comarca: Navia de Suarna, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Baralla. Conversamos con José Díaz e Marcos PTT, codirectores canda Iria Azevedo deste proxecto, que xa pode consultarse na web osandares.com
    20 min
  • 'Respirando sempre', novo disco de Factoría de Subsistencia
    O músico e actor Josito Porto presenta no Diario cultural o seu novo traballo 'Respirando sempre'. Son nove cancións, músicas atemporais que van máis alá das modas. Josito Porto cóntanos que os músicos escriben sobre a rutina e a vida que teñen ao redor. Escribir sobre a vida real fai que sexa doado identificarse coas cancións. Josito Porto explora novos camiños musicais nunha conxunción perfecta entre a interpretación e a música. A Banda da Factoría de Subsistencia está formada por Josito Porto, Sabela Dacal, Rafa Otero e Adrián Ríos. O disco xa está dispoñible nas plataformas dixitais e nas tendas físicas. A presentación oficial do disco é na Casa das Crechas de Compostela o 13 de xaneiro.
    19 min
  • A Quenlla, Leilía e as Tanxugueiras
    A Quenlla cumpre 40 anos de traxectoria musical coa presentación de ‘Na lírica emoción’, baseado na obra poética de Avelino Díaz. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero destaca tamén a xira de despedida de Leilía, que se titula ‘Anque me vou non me vou’; e tamén escoitamos ‘Hoxe, mañá e sempre’, a nova canción das Tanxugueiras.
    9 min
  • A crónica deportiva 08-01-2024
    Eric Puerto, un sub 23, será, segundo varias fontes, novo porteiro do Deportivo da Coruña, en prexuízo de Ian Mackay. En Vigo, o Celta sopesa se ceder ou non a Miguel, tralo seu gran partido na Copa. E en Ferrol soa o nome dun galego, Diego Alende, ao saber que non seguirá no Andorra.
    30 min
  • Diario cultural 08-01-2024
    O escultor Acisclo Manzano expón 'Os Eremitas' no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ata o 14 de xaneiro. A exposición recupera unha lenda antiga que é tamén o resultado dunha historia persoal vinculada coa Ribeira Sacra. "Débolle toda a miña vida á escultura", sinala Acisclo Manzano nunha entrevista no Diario Cultural.
    15 min
  • Diario cultural 08-01-2024
    Factoría de Subsistencia publica o seu novo disco ‘Respirando sempre’. O disco está formado por nove cancións, músicas atemporais que van máis alá das modas e que relatan a vida cotiá das persoas. A presentación oficial do disco será na Casa das Crechas de Compostela. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero destaca os últimos traballos da Quenlla, Leilía e Tanxugueiras.
    29 min
  • Diario cultural 08-01-2024
    ‘Os Andares’ é unha serie de viaxes sonoras para acompañar camiñadas pola comarca dos Ancares. Unha proposta de docuficción baseada na investigación sobre o patrimonio da comarca, na evocación sonora e na escrita de María Lado, Clara Gayo ou Avelina Pérez, entre outros autores. Na sección de voces expertas, viaxamos con Mario César Vila á Torre de Doiras e ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades