Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Xesús Fraga publica o libro 'Río Miño'
    O escritor Xesús Fraga publica 'Río Miño', un libro que é froito dunha viaxe pola beira do río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Seis meses de travesía que dan orixe a esta nova obra da literatura de viaxes.
    17 min
  • Regalos culturais para este Nadal
    Algunhas ideas de regalos culturais: libros especiais como a colección de Clásicos Ilustrados de Aira Editorial, entradas para concertos como a xira ‘Síntese Horizonte’ de Guadi Galego, bonos para ir ao cine como os que ofrecen os cines Dúplex de Ferrol ou billetes para estreas escénicas do 2014 como ‘Iribarne’, da compañía Butaca Zero.
    29 min
  • Luísa Villalta para todas as idades
    Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado 'Alma de violino', de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero. Para o lectorado máis pequeno, 'Tinta de mar' (Lela Edicións) de Enrique Mauricio, con ilustracións de Tania Solla.
    10 min
  • A crónica deportiva 22-12-2023
    Era un segredo a voces: Carlos Vicente e Carlos Mouriz anuncian que o extremo aragonés deixa Ferrol para asinar polo Alavés en Primeira División. A nova chega ao día seguinte da gran vitoria dos verdes en Valladolid, que os deixa en posto de ascenso. En Lugo, o portugués Paulo Alves soa como substituto de Munitis. E no baloncesto escoitamos a Mrsic e a Moncho Fernández antes do derbi galego da ACB.
    30 min
  • Diario cultural 22-12-2023
    Un repaso pola música en vivo que podemos desfrutar nas próximas semanas: do concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia ao retorno a Vigo dos portugueses Trabalhadores do Comércio, pasando polo fin de xira d´A Banda da Loba, a presentación do último disco de Susana Seivane ou o aniversario de Zënzar.
    Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado Alma de violino, de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero. Para o lectorado máis pequeno, Tinta de mar (Lela Edicións) de Enrique Mauricio, con ilustracións de Tania Solla.
    30 min
  • A crónica deportiva 21-12-2023
    Convulsión no fútbol europeo: o Tribunal de Xustiza da UE dictamina que nin a FIFA nin UEFA poden vetar a creación dunha nova liga continental de clubs, o proxecto que impulsa o presidente do Real Madrid. En Galicia, lembramos a derrota do Celta co Villarreal e imos a Valladolid para ter a última hora do Racing. E no baloncesto, vitorias do Breogán na Liga de Campións e do Coruña e do COB na LEB.
    30 min
  • A crónica deportiva 20-12-2023
    Conectamos con Castelló para asber como chega o Celta ao partido que vai xogar á noite na Cerámica. En Ferrol, Josep Señé, cunha rotura fibrilar, será baixa para viaxar a Valladolid. No fútbol galego escoitamos tamén os presidentes do Deportivo, que garante cartos para o mercado de inverno, e o Lugo, que xustifica a destitución de Munitis. E no baloncesto buscamos a última hora do Breogán antes do partido pola clasificación a oitavos da Liga de Campións.
    30 min
  • Diario cultural 20-12-2023
    'Nadal no Gaiás': música, teatro, xogos e moito máis ata o 7 de xaneiro! Falamos con Fátima Mª García, Xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Xunta de Galicia e coordinadora dos proxectos de Galiverso.
    Moncho Lemos tráenos varias estreas: 'Samsara', de Lois Patiño; 'El libro de las soluciones', de Michel Gondry; e 'Migración', de Benjamin Renner.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades