Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 20-12-2023
    A autora preséntanos o su último poemario, unha escolma de fotopoemas editada por Xerais.
    Varios videoxogos premiados tráenos Luz Castro: 'Avy, Fábulas da Noite', de Gamespond; 'XERME', de Acariño Games; e 'Sea of Stars', de Sabotage Studio.
    30 min
  • Zënzar celebra cun concerto os seus ’35 anos bourando’
    O grupo Zënzar (que daquela se chamaba Mördor) deu o seu primeiro concerto o 23 de decembro de 1988. Este 23 de decembro, 35 anos despois, celebran o aniversario cunha actuación na Sala Capitol de Santiago, na que os acompañarán Zeltia Irevire, Xenderal e membros de Dios ke te Crew, Machina, Kastomä ou Ruxe Ruxe. Falamos con Zënzar destes 35 anos, do libro que editarán en 2024 e do seu papel na historia do rock en galego.
    16 min
  • Doar a voz, doar galego
    O Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Elisa Fernández é a directora do Instituto da Lingua Galega.
    16 min
  • Dupla multiplica a súa proposta: 'El cubo perfecto'
    Mónica Maneiro comenta a última mostra da galería Dupla de Santiago, unha exposición colectiva na que participan oito artistas: Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mario Soria e Mery Pais. As mostras de Dupla adoitan reunir dous artistas; a responsable da galería, Lucía C. Suárez, explícanos a idea detrás da proposta de ‘El cubo perfecto’.
    11 min
  • A crónica deportiva 19-12-2023
    Rafa Benítez repasa nomes propios na previa do Villarreal-Celta: terá a baixa de Aspas e non conta con Carles Pérez mentres recuperou a confianza en Tapia. En Ferrol, Álex López pide calma antes da viaxe a Valladolid. Na Coruña, o Deportivo renova a Martín Ochoa, que tivo que ser operado. E no baloncesto, escoitamos a Mrsic na véspera do Breogán-Bonn, que decicirá a clasificación na Liga de Campións.
    30 min
  • Diario cultural 19-12-2023
    “A forza económica do turismo é tan brutal que se volve incontenible, hai que manexala e manexala require coraxe e decisións importantes”. Fernando Agrasar é o comisario da mostra “HERITAGERS” sobre o efecto do turismo no patrimonio que se pode ver no Colexio Oficial de Arquitectos na Coruña
    15 min
  • Diario cultural 19-12-2023
    Dolores Vilavedra tráenos a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2022: ‘Pronto hei de volver’, escrita por Amador Castro Moure para Xerais.
    Chegan ás librarías os primeiros títulos arredor da autora das Letras de 2024. Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    30 min
  • Arredor de Luísa Villalta
    Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    10 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades