Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Antropoloxía e medicina popular
    Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de saúde.
    19 min
  • Ataque Escampe, Candela Liste e Sidonie
    Tito Lesende tráenos hoxe música de Ataque Escampe, que comezan este 15 de decembro a súa ‘Xira dos Cabaliños’, na que seguirán presentando en directo o seu disco deste ano, ‘Cabalgata’. Escoitamos a Candela Liste, música coruñesa á que coñecimos a través da banda Crimson & Clover e que agora empeza a publicar cancións co seu proxecto en solitario. A terceira canción da escolma é de Sidonie, que este venres actúan na Sala Capitol de Santiago.
    10 min
  • A crónica deportiva 14-12-2023
    Centramos a atención na primeira rolda de prensa de Marián Mouriño tras ser refrendada como nova presidenta do RC Celta: manifesta a súa fiúza en Rafa Benítez e confirma que no futuro volverán ter un director deportivo propio do club. Na Coruña, o mediocentro Rubén López amplía contrato catro temporadas. E no balonmán, escoitamos o lamento de Nacho Moyano despois de que o Cangas cedese un empate cando gañaba de tres a menos dun minuto para o final.
    26 min
  • Diario cultural 14-12-2023
    Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de saúde.
    Tito Lesende tráenos hoxe música de Ataque Escampe, que comezan este 15 de decembro a súa ‘Xira dos Cabaliños’, na que seguirán presentando en directo o seu disco deste ano, ‘Cabalgata’. Escoitamos a Candela Liste, música coruñesa á que coñecimos a través da banda Crimson & Clover e que agora empeza a publicar cancións co seu proxecto en solitario. A terceira canción da escolma é de Sidonie, que este venres actúan na Sala Capitol de Santiago.
    30 min
  • Diario cultural 14-12-2023
    “Intento facer un teatro popular de corte político que provoque pensamento”. A montaxe 'Iribarne' abre o Foco Carrodeguas que presenta en Compostela as tres novas obras da compañía ButacaZero . Falamos con Esther Carrodeguas.
    15 min
  • Diario cultural 14-12-2023
    A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais "Falando Arxina". Falamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz.
    Moncho Lemos vén con dúas estreas: 'La sociedad de la nieve', de Juan Antonio Bayona, e 'La espera', de Francisco Javier Gutiérrez.
    30 min
  • A crónica deportiva 13-12-2023
    Día 1 da nova era no Real Club Celta. Marián Mouriño é xa oficialmente presidenta e insinúa que revisará a idea de contar cun asesor deportivo externo. No Racing, Josep Señé valora o posible traspaso de Carlos Vicente ao Alavés. E na 1ª RFEF, Villares analiza os problemas do Dépor e Antonetti amosa a ilusión dos xogadores do Lugo tras saber que recibirán o Atleti na Copa.
    28 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades