Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Arredor de Luísa Villalta
    Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    10 min
  • O 'Sete' de Susana Seivane
    En ‘Sete’, o seu sétimo traballo, Susana Seivane adéntrase coa gaita nos territorios do rock, do jazz, o funk ou mesmo os sons electrónicos. A gaiteira explora en formato disco os sons que leva aos escenarios coa súa banda desde hai anos. O álbum comeza coa peza ‘Non é non’, un alegato contra a violencia de xénero con palabras de Rosalía de Castro que reclama a liberdade persoal e creativa para as mulleres. ‘Sete’ preséntase en directo o 22 de decembro no Teatro Colón da Coruña.
    21 min
  • A crónica deportiva 18-12-2023
    Tras repasar o sorteo dos oitavos de final da Liga de Campións de fútbol, actualizamos a situación dos equipos galegos trala fin de semana: o Celta segue antepenúltimo en Primeira e o Racing está cuarto na Segunda. Na 1ª RFEF, co Celta Fortuna líder, as novas do día son que o deportivista Martín Ochoa terá que ser operado e que o Lugo aínda non anunciou o substituto de Munitis.
    30 min
  • Diario cultural 18-12-2023
    Preséntase 'Luísa Villalta, alma de violino', un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
    15 min
  • Diario cultural 18-12-2023
    A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional cumpre 20 anos! Falamos con Zeltia Labraña González, unha das integrantes da asociación.
    Emilio Españadero tráenos varias panxoliñas para este Nadal: ‘Diante da Porta’, de Fuxan os Ventos; ‘De vila en vila’, dos Chavellos; ‘Nadal de Áurea’, de Leni Pérez e Roberto Comesaña; e ‘Aninovo de 1860’, de Ailá.
    30 min
  • Dous cómics para público xuvenil (e non só)
    Eva Mejuto tráenos hoxe dúas óperas prima do cómic que pode desfrutar o público xuvenil (e non só). ‘Fago o que podo’ (Rodolfo e Priscila) é o primeiro libro da tamén poeta Afra Torrado. Unha compilación de historietas da autora que aborda desde a autoficción temas como a precariedade laboral, a saúde mental, o corpo, o síndrome da impostora, con ironía e humor. Na nova colección da editorial Galaxia para público infantil e xuvenil atopamos ‘Sentinelas da lúa carmesí’, con textos de Andrés Castro e Ozo Perozo e debuxos de Alexandre Senande. É o primeiro capítulo dunha historia de aventuras e mundos máxicos protagonizada por unha adolescente.
    13 min
  • A crónica deportiva 15-12-2023
    Rafa Benítez móstrase confiado na véspera do crucial Celta-Granada da 1ª División na que podería xogar o posto. En Ferrol, Moi Delgado centra o obxectivo na salvación. Escoitamos os adestradores do Deportivo e do CD Lugo e a Moncho Fernández antes de que o Obradoiro reciba o poderoso Real Madrid no Sar.
    30 min
  • Diario cultural 15-12-2023
    A exposición "Tesouros Reais-Obras Mestras do Museo de Terra Santa" poderá verse na Cidade da Cultura dende marzo do 2024. Falamos con Esperanza Gigirey Liste, comisaria e directora do Museo das Peregrinacións.
    Afonso Becerra trata a proposta teatralmente revolucionaria ‘Desde ese silencio’, de Avelina Pérez, unha das pouquísimas pezas de teatro pos-espectacular que, até o de agora, se teñen feito en Galicia.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades