Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 20-10-2023
    Caamaño&Ameixeiras veñen ó noso estudo para presentar o seu último disco: "Quitar o Aire". Unha visita de verdadeiro luxo.
    Afonso Becerra preséntanos unha exposición sobre os dez anos do grupo de teatro EU.EXPERIMENTO do Camoes de Vigo.
    30 min
  • Diario cultural 20-10-2023
    'O home e o can' chega a 22 salas de cine galegas. As actrices Paula Chaves e Estíbaliz Veiga preséntannos a película de Ángel de la Cruz, que comparten con Manuel Manquiña. Soidade, coidados, vellez nun filme para poñerse nos zapatos dos outros...
    No apartado literario Eva Mejuto preséntanos os 'White Ravens' deste ano que podemos ler en galego: 'A lebre mecánica', de
    Ledicia Costas; 'A nota', de Pilar Serrano Burgos; e 'Peixe', de Emilio Urberoaga.
    30 min
  • 'Ultraluz', nas librarías e nos escenarios
    En outubro chega a librarías a versión estendida de "Ultraluz", de Ledicia Costas, Premio Afundación de poesía con Xerais. O 20 de outubro chega tamén aos escenarios na Cidade da Cultura, coa música de Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.
    17 min
  • VIII Xornada de Onomástica
    O VIII Seminario de Onomástica da Real Academia Galega aborda este sábado en Pontevedra a presenza dos nomes propios na nosa literatura popular. Conversamos coa lingüista Luz Méndez e coa antropóloga Elena Freire Paz.
    14 min
  • A crónica deportiva 19-10-2023
    Escoitamos a Josep Señé no Racing de Ferrol e, na 1ª RFEF, ao galego Hugo Rama no Dépor e a Antoñín no CD Lugo. Ademais, repaso á vitoria do Breogán na Liga de Campións e as palabras da viguesa Marta Domínguez tras saber que o squash será olímpico en 2028
    16 min
  • Diario cultural 19-10-2023
    O VIII Seminario de Onomástica da Real Academia Galega aborda este sábado en Pontevedra a presenza dos nomes propios na nosa literatura popular. Conversamos coa lingüista Luz Méndez e coa antropóloga Elena Freire Paz.
    Tito Lesende fálanos dos novos discos de Caamaño & Ameixeiras, Lily Kershaw e Rolling Stones; e da celebración dos 20 anos de Dios Ke Te Crew.
    30 min
  • Diario cultural 19-10-2023
    Terceira edición da Porto Design Biennale, o maior evento bienal de deseño da Península Ibérica. Galicia, rexión convidada de España nesta edición. Un dos comisarios é David Barro.
    15 min
  • Diario cultural 19-10-2023
    En outubro chega a librarías a versión estendida de "Ultraluz", de Ledicia Costas, Premio Afundación de poesía con Xerais. O 20 de outubro chega tamén aos escenarios na Cidade da Cultura, coa música de Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.
    O máis destacado da carteleira cinematográfica vén da man de Begoña Vázquez, que nos presenta 'Os asasinos da lúa', 'O reino animal' e 'O legado'.
    30 min
  • Documental ' O médico dos pobres'
    O documental 'O médico dos pobres' ten prevista a súa estrea para o 15 de outubro na cidade de Lugo e despois por toda a provincia da Coruña e Lugo no mes de novembro e decembro. Recolle a historia de Manuel Díaz, falecido en setembro do 1936 a man de falanxistas. Falamos co seu director, Federico Rioboo.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades