Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 17-10-2023
    Comeza na Coruña o VI Festival Internacional de Cine Intersección, con proxección, mostras e outras actividades que poderán visitarse do 17 ao 22 de outubro. Para entender as súas claves charlamos co seu director, Gonzalo Veloso.
    No apartado literario, Dolores Vilavedra tráenos unha obra galardonada co Premio Fiz Vergara Vilariño. Trátase de 'Diarios/1 [Azul Monforte]', escrita por Antón Lopo e editada por Espiral Maior.
    30 min
  • Diario cultural 17-10-2023
    Fuxan os Ventos e Milladoiro colaboran por primeira vez na canción 'Barqueiros de Ribadavia'. Tareixa Novo e Pepe Ferreirós traen as súas claves.
    Na Coruña ten lugar a exposición 'A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso', que se poderá ver no Arquivo do Reino de Galicia ata o 15 de decembro como peche das actividades impulsadas pola Xunta no marco da celebración do Ano Picasso. Carmen Prieto é a directora do Arquivo.
    15 min
  • Diario cultural 17-10-2023
    Nove concertos e unha miríada de residencias artísticas, actividades e conferencias espalladas por Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Un outono cargado de músicas de vangarda. Comeza o Vertixe 11!
    Arte e física no retorno expositivo a Galicia de Rubén Ramos. Mónica Maneiro fálanos de 'La objeción de Ernst Mach a la línea del horizonte (de sucesos)', na galería Nordés.
    30 min
  • Premios da Cultura Galega 2023
    Os Premios da Cultura Galega concédeos a Xunta anualmente. Son galardóns sen dotación económica que distinguen a excelencia creativa. Falamos con Belén Brandido, produtora e distribuidora de Pistacatro (galardonada nas Artes Escénicas); e con Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo (premio na categoría de Audiovisual).
    6 min
  • A cronica deportiva 16-10-2023
    A última hora do Racing de Ferrol antes de xogar en Valencia. Na 1ª RFEF, o Dépor volve perder e volve queixarse das decisións arbitrais e, na Primeira, alarma no Celta pola lesión de Aidoo con Ghana
    15 min
  • Diario cultural 16-10-2023
    Os Premios da Cultura Galega concédeos a Xunta anualmente. Son galardóns sen dotación económica que distinguen a excelencia creativa. Falamos con Belén Brandido, produtora e distribuidora de Pistacatro (galardonada nas Artes Escénicas); e con Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo (premio na categoría de Audiovisual).
    A partir dun Obradoiro de escrita impartido en 2021 e 2022 por Eli Ríos naceu o colectivo literario Comadres das Letras, que xa publicou un volume colectivo de relatos 'Contármonos'. No día das escritoras falamos do papel da escrita na vida das mulleres, publiquen ou non.
    O noso experto Mario César Vila fálanos dos descubrimentos da UVigo e da recuperación dos cadáveres das persoas represaliadas durante o franquismo.
    30 min
  • Día das Escritoras: Comadres das Letras
    A partir dun Obradoiro de escrita impartido en 2021 e 2022 por Eli Ríos naceu o colectivo literario Comadres das Letras, que xa publicou un volume colectivo de relatos 'Contármonos'. No día das escritoras falamos do papel da escrita na vida das mulleres, publiquen ou non.
    17 min
  • Discriminación e acoso escolar: 'O pequeno poni'
    Unha historia arredor da discriminación e o acoso escolar. Niso consiste a obra que Redrum Teatro estrea hoxe no Fiot de Carballo. Chámase 'O pequeno poni' e está dirixida por Álex Sampayo. Charlamos arredor das súas claves cos seus protagonistas, Laura Míguez e Guille Carbajo.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades