Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Literatura de tradición oral: contos e cantos
    A nosa experta en literatura xuvenil e infantil céntrase hoxe na tradición oral. Tráenos o conto 'A botella de lentellas' (Premio Merlín de Literatura Infantil), de Leticia Barbadillo; e o canto 'Pequena fauna do Cantigueiro de Cotobade', de David Carballal.
    11 min
  • A crónica deportiva 13-10-2023
    Carlos Vicente fala do seu futuro despois de ser elixido o mellor do Racing de Ferrol no primeiro mes en Segunda. A 1ª RFEF ábrese cun duelo na parte alta, Celta Fortuna-Real Unión, e as previas da fin de semana de baloncesto
    15 min
  • Diario cultural 13-10-2023
    A nosa experta en literatura xuvenil e infantil céntrase hoxe na tradición oral. Tráenos o conto 'A botella de lentellas' (Premio Merlín de Literatura Infantil), de Leticia Barbadillo; e o canto 'Pequena fauna do Cantigueiro de Cotobade', de David Carballal.
    No musical, Dios Ke Te Crew celebra este 2 de decembro os seus 20 anos na industria musical. Falamos da festa con MOU.
    30 min
  • Diario cultural 13-10-2023
    Unha historia arredor da discriminación e o acoso escolar. Niso consiste a obra que Redrum Teatro estrea hoxe no Fiot de Carballo. Chámase 'O pequeno poni' e está dirixida por Álex Sampayo. Charlamos arredor das súas claves cos seus protagonistas, Laura Míguez e Guille Carbajo.
    Sen baixar do escenario, Afonso Becerra 'A tempestade', unha das últimas pezas de William Shakespeare, dirixida por António Pires con música de Jean Sibelus. Participan Theatro Circo e Teatro do Bairro.
    30 min
  • A crónica deportiva 12-10-2023
    O Cangas clasifícase para a seguinte rolda da Copa do Rei de balonmán; no fútbol sala, xogan varios equipos galegos na Copa da Raíña e o CD Boiro disputa en Santander a previa do torneo no fútbol
    15 min
  • Diario cultural 12-10-2023
    Levar na carteira do cole un dicionario é seguramente un costume que foi desaparecendo. As enciclopedias e os dicionarios foron os primeiros en sucumbir diante das facilidades que ofrece o mundo virtual. No ano 2020 Rinoceronte Editora emprendeu o camiño dos dicionarios en rede e agora amplía a súa oferta. Unha nova que nos achega Isabel Freire da man do editor Moisés Barcia.
    O punto musical vén con Tito Lesende, que nos amosa o último de varias bandas: Loiros, Allah-Las, Occie Elliot e Os ilegales.
    30 min
  • Diario cultural 12-10-2023
    A editorial Xerais completa a edición da obra poética de Rosalia de Castro co volume La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións. Un proxecto con edicion critica de Anxo Angueira. Con el charlamos.
    Sentados na butaca escoitamos a Begoña Vázquez, que nos presenta as principais estreas da semana: 'O Corno', de Jaione Camborda; 'Me he hecho viral', de Jorge Coira; e 'Al otro lado del río y entre los árboles', de Paula Ortiz.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades