Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 10-10-2023
    Aritmar celebra no Auditorio de Galicia unha gala para premiar a música e a poesía galega e portugesa. Arancha Nogueira, Isabel Fidalgo, Fillas de Cassandra, Retimbrar e a Associaçom José Afonso compoñen o cartel de galardonadas. Charlamos coas poetisas.
    Sempre hai un oco para ler. Dolores Vilavedra preséntanos a antoloxía de relatos LGBTIQA+ 'Alguén nos lembrará', coordinada por Nee Barros para Xerais.
    30 min
  • Diario cultural 10-10-2023
    Está morrendo o amor? Ibuprofeno Teatro responde a pregunta con humor e música e a participación do público en 'Deadpan Karaoke', un espectáculo unipersoal interpretado por Marián Bañobre e dirixido por Patricia Rodríguez.
    Con Mónica Maneiro afondamos no Porto Design Biennale. Convidamos ademais a David Barro, comisario da participación galega no Bienal.
    30 min
  • Diario cultural 10-10-2023
    No Consello de Cultura Galega celébrase estes días o Congreso 'Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos'. Pilar García Negro forma parte do comité organizador.
    15 min
  • A crónica deportiva 09-10-2023
    As valoracións e as voces dos protagonistas da última xornada de fútbol, co empate insuficiente do Celta, o gol gañador de Vadillo na Malata e o triunfo dos rapaces do Celta Fortuna en Riazor, que deixa en shock ao deportivismo
    14 min
  • 'Roméo et Juliette' con Becerra
    Abrése o telón para que Afonso Becerra nos fale de 'Roméo et Juliette', adaptación da obra de William Shakespeare no marco da 71ª Temporada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña.
    12 min
  • A cousa vai de Galicreques
    A nova edicion do Festival Internacional Galicreques en Compostela promete unha programación familiar e para adultos que mestura bonecos, máscaras e performance para todo tipo de historias. Charlamos deste evento con Rafael Rey Domech, fillo do director Javier Rey e cabeza da compañía Nauta.
    17 min
  • 'Tempo de lagartos' e 'Furia' para ler
    Eva Mejuto vén falarnos de literatura tanto xuvenil como para adultos: 'Tempo de lagartos', poesía de Carlos Negro e ilustracións de Raquel Senra (Galaxia); e 'Furia', de María Reimóndez, premio Jules Verne (Xerais).
    12 min
  • A crónica deportiva 06-10-2023
    O madridista Joselu volve ser o único futbolista galego na convocatoria de España. Na Malata, o Racing puido co Amorebieta con outro gol de Carlos Vicente e comeza unha nova temporada na LEB Ouro co Basquet Coruña e o COB
    15 min
  • Diario cultural 06-10-2023
    Un paseo por máis de 400 anos para a reflexión.Niso consiste a obra 'Deiche os ollos e miraches as tebras' que Irene Solà vén presentar ó Diario Cultural. Acompáñanos tamén a súa tradutora ó galego, María Alonso, da man de Kalandraka.
    Abrése ademais o telón para que Afonso Becerra nos fale de 'Roméo et Juliette', adaptación da obra de William Shakespeare no marco da 71ª Temporada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña.
    30 min
  • Diario cultural 06-10-2023
    A nova edicion do Festival Internacional Galicreques en Compostela promete unha programación familiar e para adultos que mestura bonecos, máscaras e performance para todo tipo de historias. Charlamos deste evento con Rafael Rey Domech, fillo do director Javier Rey e cabeza da compañía Nauta.
    Pola súa parte, Eva Mejuto vén falarnos de literatura tanto xuvenil como para adultos: 'Tempo de lagartos', poesía de Carlos Negro e ilustracións de Raquel Senra (Galaxia); e 'Furia', de María Reimóndez, premio Jules Verne (Xerais).
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades