Comeza a nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia e quen mellor para falarnos dela que o seu novo director titular. É Roberto González-Monjas, director e violinista vallisoletano de 35 anos que quere converter os concertos en "experiencias".
O outro toque musical vén da man do noso experto Tito Lesende, co que charlamos de 'Caldo Espírito', o novo disco de Xoel López. Escoitamos tamén a nova canción de Dani Dicostas
e avanzamos o concerto de Casa de Calexico en Vigo o 11 de outubro.