Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 18-10-2023
    A última hora do CB Breogán horas antes de que o equipo de Lugo volva xogar competición europea, 38 anos despois. No fútbol escoitamos a Manu Sánchez no Celta e a José Ángel no Deportivo. Ademais falamos dos Mundiais de ximnasia acrobática nos que competirá a viguesa Melania Rodríguez
    16 min
  • Diario cultural 18-10-2023
    O documental 'O médico dos pobres' ten prevista a súa estrea para o 15 de outubro na cidade de Lugo e despois por toda a provincia da Coruña e Lugo no mes de novembro e decembro. Recolle a historia de Manuel Díaz, falecido en setembro do 1936 a man de falanxistas. Falamos co seu director, Federico Rioboo.
    O noso experto en música clásica tráenos as 'Migracións' da Real Filharmonía de Galicia.
    30 min
  • Que chega o VI Intersección!
    Comeza na Coruña o VI Festival Internacional de Cine Intersección, con proxección, mostras e outras actividades que poderán visitarse do 17 ao 22 de outubro. Para entender as súas claves charlamos co seu director, Gonzalo Veloso.
    18 min
  • Vertixe 11
    Nove concertos e unha miríada de residencias artísticas, actividades e conferencias espalladas por Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Un outono cargado de músicas de vangarda. Comeza o Vertixe 11!
    18 min
  • A crónica deportiva 17-10-2023
    Tralas emocións polo sorteo da primeira rolda da Copa do Rei de fútbol chegan as valoracións das eliminatorias con presenza galega: Boiro-Mallorca, Arosa-Granada, Turégano-Celta, Marbella-Racing, Covadonga-Deportivo, Avilés–Arenteiro, Antoniano-Lugo e Compostela-Tenerife
    15 min
  • Diario cultural 17-10-2023
    Comeza na Coruña o VI Festival Internacional de Cine Intersección, con proxección, mostras e outras actividades que poderán visitarse do 17 ao 22 de outubro. Para entender as súas claves charlamos co seu director, Gonzalo Veloso.
    No apartado literario, Dolores Vilavedra tráenos unha obra galardonada co Premio Fiz Vergara Vilariño. Trátase de 'Diarios/1 [Azul Monforte]', escrita por Antón Lopo e editada por Espiral Maior.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades