Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Federico Ribas
    Con Raquel C. Pico achegámonos á figura do vigués Federico Ribas, publicista histórico dos anos 20 e 30 do século pasado que chegou a ser o mellor pagado de España
    31 min
  • Mestres da memoria da AELG
    A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo, Camiño Noia, e mailo folclorista, coreógrafo e investigador, Quique Peón, recollerán este venres en Lugo os Premios “Mestre e Mestra da Memoria” que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega.
    Os premios recoñecen as súas achegas, ó longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e o saber popular.
    Camiño Noia botou anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. Peón, pola súa parte, fixo un extenso labor de recollida de campo, recuperando bailes, danzas, músicas, traxes e tradicións, especialmente desde o grupo Xacarandaina da Coruña.
    31 min
  • Lula Goce, do mural ao lenzo
    Lula Goce, do mural ao lenzo
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Inner Garden' de Lula Goce, que pode visitarse na Galería Dupla de Santiago. 
    A muralista de Baiona, con obra repartida en espazos públicos de todo o mundo, leva o seu traballo en exteriores ao lenzo.
    31 min
  • Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego
    Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra. Este coruñés nado en 1972 foi escollido tras un concurso de méritos con máis de vinte candidaturas. 
    O seu propósito é conseguir aumentar os recursos económicos e humanos do Museo, recuperar todo o conxunto monumental de San Domingos de Bonaval e concluír a montaxe das novas salas de Historia, coa vista posta no 50 aniversario da institución, en 2027.
    31 min
  • Desvirgheitors e Cabodano
    Patty Castro segue descubríndonos a Galicia metaleira. Hoxe, con Desvirgheitors, banda de punk nada en Vigo en 1986
    e cos composteláns Cabodano, que este ano editaron o seu segundo disco, 'É mellor matarse'.
    31 min
  • Matemático Rodríguez
    O matemático José Rodríguez González, nado na parroquia lalinense de Bermés en 1770, está considerado o primeiro científico galego moderno. Designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias, diferentes iniciativas difunden esta figura excepcional. Entre elas, a exposición 'José Rodríguez, o matemático de Bermés'. que pode visitarse na Igrexa da Universidade de Santiago ata o 12 de novembro.
    31 min
  • Carabela
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf en Santiago
    31 min
  • Galicreques
    “Estamos nun momento moi interesante para o teatro de bonecos e figuras en Galicia". Comeza Galicreques. O Festival Internacional de Títeres programa 60 funcións e 12 estreas en Santiago
    18 min
  • Ortiga preséntanos "Obra social"
    “Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube