Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Nova edición de Amal
    “Existir é resistir”. Baixo este lema arranca en Santiago o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que acada a súa 22 edición cando se fai un ano do “xenocidio televisado contra o pobo palestino”. Conversamos co director da Fundación Araguaney, David Rodríguez, arredor desta cita co cinema de produción independiente e contido social.
    15 min
  • Persoas extraordinarias e lobos felices
    Eva Mejuto traénos hoxe libros que falan da felicidade e da súa falta. 'Milú e o edificio das persoas extraordinarias' é o premio Merlín deste ano. Unha denuncia social vitalista e luminosa asinada por Abel Tomé. A segunda lectura deste venres é 'O lobo feliz', un álbum ilustrado con texto de Miguel Guido e ilustracións de Olaya Naveira, que revisa o papel tradicional dos lobos nos contos.
    31 min
  • Avelino González, Xograr de Outono
    Repasamos a carreira de Avelino González, actor, narrador oral, tamén director, autor e tradutor teatral. O intérprete vigués é o Xograr de Outono de 2024, unha distinción que concede o FIOT de Carballo entre persoas destacadas na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia.
    31 min
  • Ollos cara adentro
    Afonso Becerra comenta “Ollos cara adentro”, unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un espazo físico
    31 min
  • A Escola de Teatro de Narón
    “Pode ir quen así o desexe”
    A Escola de Teatro de Narón é un centro público de formación integral que leva 42 anos funcionando.
    Ata alí foi Vituco Neira para falar coa súa directora e con antigos alumnos que agora imparten docencia.
    31 min
  • De Thomas Dylan a TAB
    Tito Lesende tráenos hoxe un repertorio relacionado con Vigo. Artistas da contorna como Thomas Dylan e Cintaadhesiva e grupos que actúan na cidade nos próximos días,
    Cosmic Wacho e Triángulo de Amor Bizarro.
    31 min
  • Os contos do Lobicán
    Redrum Teatro presenta a súa nova montaxe para público familiar. 'Os contos do Lobicán' é un musical con monicreques a partir dun texto de Eva Mejuto.
    Álex Sampayo dirixe o espectáculo, que interpretan Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. As primeiras funcións, o 19 de outubro en Teo e o 20 de outubro, en Vigo.
    31 min
  • Roses from my garden
    “Estamos ante un proceso creativo nunca visto” Diego Rodríguez, responsable de cultura da Fundación Barrié, que mañá inaugura a exposición Nick Knight: Roses from my Garden en primicia para España.
    A mostra, formada por medio cento de imaxes -algunhas inéditas- trae á Coruña a faceta máis íntima e descoñecida do fotógrafo británico, un dos máis influentes do mundo da moda.
    31 min
  • Dúas achegas á historia da BD en Galicia
    Manel Cráneo recomenda dous libros que expoñen as orixes da banda deseñada en Galicia. 'A historia do cómic en Galicia' de Octavio Beares fai un trazado xeral da BD no país
    e 'Os pioneiros da banda deseñada galega' de Xulio Carballo aborda especificamente a década de 1970.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube