Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Un mes para celebrar o patrimonio
    A asociación cultural e pedagóxica Ponte nas Ondas promove o 'Mes do Patrimonio Cultural Inmaterial'.
    Debullamos a programación, que inclúe diversos actos en Santiago, exposicións en Valença e Ourense e unha 
    gala en Vigo no Día do Patrimonio, o 16 de novembro.
    17 min
  • Dous libros sobre o acoso escolar
    Eva Mejuto proponnos hoxe dúas historias xuvenís sobre o acoso escolar. I´m Obélix, de Raquel Fernández Fernández, é o último premio Jules Verne de Edicións Xerais. Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, é unha BD que publicou en galego Retranca Editora.
    11 min
  • Estudios Abertos en Ourense
    25 artistas abren os seus espazos de traballo ao público durante unha fin de semana. A primeira edición de Estudios Abertos desenvólvese en Ourense do 25 ao 27 de outubro, promovido pola asociación cultural A Maquinadora. Visitamos a galería Dodo Dadá e o estudio do artista Manolo Figueiras.
    17 min
  • Circo de Pinocho
    Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego que combina o teatro musical cunha selección dos números máis tradicionais do xénero.
    7 min
  • Estreas de Cora Velasco e Catuxa Salom
    Tito Lesende pica dúas cancións recén estreadas, 'Aunque yo ya no esté', de Cora Velasco e Carlos Gil e mais 'Ela cando baila', adianto do novo disco de Catuxa Salom.
    E concertos: música de Gorka Urbizu, o que fora integrante do grupo Berri Txarrak, que estará o sábado 26 de outubro na Sala Capitol de Santiago e de Big Star, que visitan Vigo na xira que celebra o 50 aniversario do seu disco 'Radio City'
    13 min
  • O Festival Kerouak volve a Vigo
    María Xosé Queizán, Clo Plas, Ana María Caballero ou Elisa Scarpa son algunhas das protagonistas da décimo cuarta edición do Festival Kerouac, que se desenvolve en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro.
    Conversamos con Marcos de la Fuente, un dos creadores deste festival de poesía, música e performance, que tamén ten sedes en Nova York e México.
    14 min
  • Rita e La gran escapada
    Cine de estrea con Moncho Lemos.
    'Rita', o debut como directora de Paz Vega. Un desacougante drama familiar de ternura e violencia.
    'La gran escapada', de Oliver Parker . Unha historia conmovedora arredor da vellez, protagonizada por Michael Caine e Glenda Jackson.
    12 min
  • Universo Batman
    Mañá arranca en Vilagarcía o Curtas Festival do Imaxinario  A vila muda estes días en Gotham City, e mesmo traen o Batmóbil. Quen queiran fotografarse co vehículo mítico disporán dun  photocall  os días 1 e 2 de novembro.
    Luis Miguel Rosales, director do certame “é a dobre celebración dos 85 anos da primeira aparición de Batman en cómic  e os 35 da súa primeira película”
    13 min
  • Manuais en galego para facer BD
    Libros sobre BD: Manuais en galego para facer BD
    Manel Cráneo recoméndanos tres cómics para aprender a facer cómics, ou cando menos para desfrutar máis da lectura da banda deseñada.
    11 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube