Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Filomena Dato, na vangarda feminista no Ourense do XIX
    Con Raquel C. Pico achegámonos á figura de Filomena Dato.
    A ourensá foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra na nosa lingua, senón tamén pola súa faceta como oradora en defensa das mulleres.
    31 min
  • As liñas descontinuas
    “Quero falar da oportunidade que supón coñecer outras persoas”
    Entramos na rodaxe en Vigo de ‘As liñas descontinuas’, segunda longametraxe de Anxos Fazáns. Un drama, en Galicia e en galego, con matices de realismo poético que narra o encontro improbable entre unha muller en pleno divorcio e un mozo trans que entra roubar na súa casa.
    31 min
  • Os 'Novos imaxinarios' do cinema autoral
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Novos imaxinarios', que pode visitarse no CGAC ata o 12 de xaneiro. 
    A exposición percorre o traballo dunha serie de cineastas contemporáneos que van máis alá da industria e cuxas linguaxes podemos encadrar no cinema de autor.
    13 min
  • Carabela, Premio Narf 2024
    Conversamos coa banda noiesa Carabela, gañadora da última edición do Premio NARF, que promove a Deputación da Coruña. O grupo recibirá 4.000 euros como premio e únese a unha nómina de galardoados da que forman parte Caldo, Mounqup, Bala ou Familia Caamagno.
    31 min
  • Humor líquido galego
    "Non sei o que é estar xubilado"
    A exposición Xaquín Marín, humor líquido galego chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do artista nado en Fene en 1943.
    A mostra está comisariada polo seu fillo Xandre Marín e cos dous conversamos.
    11 min
  • Xoán Montes e Beethoven
    Escoitamos obras de Xoán Montes, trala homenaxe que lle rendeu a Xove Orquestra Lucense Terranova, que en decembro interpretará a Novena Sinfonía de Beethoven. Beethoven é tamén protagonista dun concerto familiar no Auditorio de Galicia de Santiago.
    12 min
  • Cine, videoxogos e realidade virtual en Intersección
    INTERSECCIÓN, o festival internacional de cine da Coruña, chega á súa sétima edición entre o 22 e o 26 de outubro. 
    A programación inclúe tres seccións competitivas de cine independente chegado de 16 países, pero tamén unha instalación inmersiva con realidade virtual, unha retrospectiva do colectivo de guerrilla mediática Total Refusal ou proxeccións de clásicos como 'Sen perdón', de Clint Eastwood.
    Debullamos a programación do festival co seu director, Gonzalo Veloso, e a xefa de programación, Andrea Franco.
    31 min
  • Breo, a revelación do folk
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Breo, a quen moitos xa consideran a gran revelación do folk. Son cinco músicos cunha ampla traxectoria e acaban de sacar o seu primeiro disco ‘Máis Alá’
    14 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube