Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Galego sen fronteiras
    XXXIV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolven en Santiago dende o pasado día 3 e ata o 24
    Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña.
    Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e outra do Brasil.
    31 min
  • Ruta emocional por Serra de Outes
    Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes.
    Esta ruta litoral de pouco máis de tres quilómetros permite coñecer a carpintaría de ribeira, que a comezos do século XX foi fundamental no desenvolvemento da zona. Vai de Freixo, pasando pola praia de Siavo, ata o areal de Broña . Poden mirarse ramplas de pescadores, obradoiros artesanais e ata un museo.
    31 min
  • Atlantic Pride
    Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana.
    Nesta quinta edición cun marcado carácter eurovisivo...
    31 min
  • Arranca a cátedra Rosalía de Castro na USC
    Bota a andar na USC a cátedra institucional Rosalía de Castro.
    Falamos coa súa codirectora, Mª do Cebreiro Rábade Villar, dos antecedentes e proxectos desta novo foco académico para alumear como merece a insigne poeta galega e universal
    31 min
  • Dúas comedias españolas
    Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine español: Mala persona e El bus de la vida. Teñen en común o seren comedias dramáticas e xiraren en torno ao cancro
    31 min
  • Mundos dixitais
    Arranca na Coruña Mundos dixitais, o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media.
    Falamos co seu director, Manuel Meijide, e con Jorge Morais, finalista no festival e relator no congreso
    31 min
  • A cara oculta da Lúa
    Estíbaliz Espinosa fala da cara oculta da Lúa e doutros obxectos cósmicos e conflitos ocultos.
    Con versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
    31 min
  • Verán cultural para a rapazada
    Exploramos algunhas das opcións culturais ao dispor da rapazada e mocidade durante o verán. Campamentos musicais como o San Simón Fiddle, obradoiros artísticos e laboratoratorio de arquitectura no MARCO 
    e oportunidades para descubrir disciplinas como o circo co colectivo Circonove.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube