Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Adeus a Justo Beramendi
    Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi.
    Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada.
    Co seu libro "De provincia a nación. Historia do galeguismo político" gañou o Premio Nacional de Ensaio en 2008. A obra xa recibira o Premio da Crítica de Galicia.
    31 min
  • Que información agachan os topónimos?
    O filólogo Vicente Feijoo falános hoxe da información histórica, lingüística e cultural que levan consigo os topónimos e da campaña 'Toponimízate', que
    busca concienciar a poboación da importancia desta riqueza patrimonial
    9 min
  • As baleas cantan no Festival Atlántica
    O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica espalla a súa duodécima edición por 30 cidades, vilas e aldeas de Galicia e Portugal.
    Por primeira vez, a programación para público adulto supera en número á infantil e familiar. Con nomes como Paula Carballeira ou Cándido Pazó.
    Escoitamos a directora do encontro, Soledad Felloza, e a dous dos máis de cincuenta narradores participantes, Anxo Moure e Carme Varela.
    20 min
  • Suplantacións
    A Fundación Pazos Cuchillo en Oza-Cesuras abre a exposición «Suplantación»Esta experiencia está comisariada por Nilo Casares. O colectivo Tronante, formado polo artista visual Juan Lesta e o arquitecto Xosé Suárez, desenvolve o proxecto Suplantación, a unión da obra de ámbolos creadores por xunto e por separado.
    31 min
  • Merza prepárase para o Galaico Brass Festival
    Luís Miguel Crespo avánzanos o programa da cuarta edición do Galaico Brass Festival, que acolle a parroquia dezá de Merza entre 7 e 12 de xullo.
    Un encontro arredor dos instrumentos de vento metal que inclúe concertos, formación e convivencia, coa presenza de músicos de orquestras internacionais.
    31 min
  • Vilar de Donas
    A igrexa lucense de Vilar de Donas, en Palas de Rei, chega aos oitocentos anos. Coñecemos algunhas das moitas curiosidades desta xoia do Románico
    31 min
  • O segredo do ourive
    Falamos coa directora luguesa Olga Osorio da rodaxe da súa nova película en Elciego. El secreto del orfebre, con Mario Casas e Michelle Jenner, adapta a novela do mesmo título de Elia Barceló.
    -------------------------------------
    31 min
  • Danza para o Orgullo
    Dende Lyon, o noso experto en Artes Escénicas recoméndanos "Blondi", un espectáculo do bailarín e coreógrafo David Loira, co que reivindicar o Orgullo
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube