Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Alén', memoria do rural que esmorece
    Conversamos co fotógrafo Vicente Fraga, gañador da XVIII edición Premio Luís Ksado coa serie 'Alén'. Estas doce imaxes forman parte dun proxecto máis amplo, 'Adeus', co que documenta desde 2021 o esmorecemento da cultura rural tradicional.
    31 min
  • Dona Teresa de Zúñiga
    Principia a serie de mulleres na Historia que, cada martes e durante a tempada de verán, nos vai achegar o historiador Miguel García Fernández
    31 min
  • Aquis Querquennis
    Falamos co arqueólogo do Grupo Larouco, Santiago Ferrer, das perspectivas de cara á campaña de escavacións deste verán no Aquis Querquennis, en Baños de Bande.
    31 min
  • Romanticismo musical no ClasClás
    Luís Miguel Crespo debulla o programa da sétima edición do Festival ClasClás de Vilagarcía. Ata o 29 de agosto o certame ofrece, baixo o título 'Andante', 
    concertos que poñen o foco na música romántica, nos grandes quintetos de piano e cordas ou a música checa.
    31 min
  • Máis alálá, unha exploración poética, sonora e visual
    O escritor e performer Xelís de Toro e o músico Alejandro Vargas publican 19 postais sonoras con imaxes de Manuel Vilariño. Máis alálá é un obxecto artístico literario a partir dos poemas de De catro a catro. Música improvisada e poesía sonora nun traballo do que falamos con Xelís de Toro: “Ao aspecto sonoro das palabras non se lle dá a importancia que ten”.
    16 min
  • Lecturas adolescentes
    Eva Mejuto despídese antes das vacacións con dous libros sobre sexo destinados a adolescentes. Puberdade en marcha, traducido ao galego por Iago Nicolás e publicado por Kalandraka, 
    pensado para rapazada entre os 11 e 13 anos e Sexualidades, da sexóloga e influencer Isa Duque. Despedímonos con música de jazz e a novela Trompeta, de Jackie Kay, en versión galega
    de María Reimóndez e publicada por Hugin e Munin.
    31 min
  • Carabela navegan 'A noite'
    Carabela preséntannos o seu segundo EP, 'A noite', no que crean atmosferas oníricas que combinan a calidez da voz humana e os sons sintéticos.
    Conversamos con Ana Moas e Pablo Pazos, dous dos membros deste cuarteto de Noia.
    31 min
  • Cía IO
    Álvaro Reboredo "Fiti" é un artista de circo que acaba de graduarse na Escola Superior de Arte Dramática. Á fronte da súa propia compañía, IO, convertirá en espectáculo o seu TFG.
    31 min
  • Paseo sonoro
    Un paseo sonoro pola Rúa Nova de Santiago grazas a códigos QR nos escaparates. Unha proposta diferente encadrada no proxecto O que non se escribe, que mañá ofrece no Teatro Principal un concerto de Sús e Mel. Falamos coa súa responsable, Aitana Cuétara
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube