Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Arranca a sétima edición do Clasclás
    Tiro de saída para a sétima edición do Clasclás, o festival internacional de música clásica que ten lugar en Vilagarcía.
    Falamos coa directora do Conservatorio profesional e tamén do certame, Rosina Sabrido
    16 min
  • Voces do Gozo Festival
    Escoitamos con Tito Lesende os artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago.
    De Ed Sheeran a Fillas de Cassandra, pasando por Bomba Estéreo, Mon Laferte, Angelina Mango e Milky Chance.
    31 min
  • Arte e física, mirando xuntas máis alá
    O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías conmemora o seu 25 aniversario cunha exposición de arte realizada en colaboración co departamento artístico do CERN. 'Instrumentos de visión' achega vídeos e fotografías
    do artista italoalemán Armin Linke sobre as complexas ferramentas que a ciencia contemporánea utiliza para investigar a composición da materia. 
    A comisaria da mostra é a compostelá Mónica Bello, coa que conversamos sobre as interseccións entre ciencia e arte.
    31 min
  • Del revés 2 e Alumbramiento
    Xa está nos cines Del revés 2. Agora coa nena protagonista entrando na adolescencia da man de dúas emocións máis.
    A outra película que nos trae Moncho Lemos é Alumbramiento, que aborda o internamento de adolescentes embarazadas e o roubo de bebés na España dos 80’s
    31 min
  • Dique. Marta Pazos dirixe o novo espectáculo de Nova Galega de Danza
    “Dique tamén cuestiona a cultura do esforzo”
    Hai 150 anos 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. A escavación do Dique da Campa de Ferrol centra o espectáculo que dirixe Marta Pazos: “Para min é importante honrar o legado para sementar o que vén”. Falamos coa directora e co responsable de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz: “Entendín que tiña que ser contado doutra maneira”
    31 min
  • Las Edades del hombre
    Santiago acolle a exposición itinerante de arte sacra Las edades del hombre.
    “Hospitalitas” comparte sede entre Compostela e Vilafranca do Bierzo.
    Pode visitarse ata novembro na catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Falamos co comisario da mostra, Ramón Yzquierdo
    16 min
  • Xerme
    Luz Castro tráenos na súa derradeira colaboración da tempada Xerme, de Acariño Games, unha aventura de descubrimento coa enerxía coma protagonista. Tamén nos recomenda achegarnos ao Museo do Videoxogo de Cangas, que acaba de abrir un salón Arcade.
    32 min
  • O legado de Enrique Macías
    “O meu irmán era un gran intelectual moi descoñecido”
    29 anos despois da morte do compositor a familia atopa o espazo para os materiais que conforman o arquivo de Enrique Macías. “Queremos que ese material poda ser estudado e darlle valor ao seu traballo”. Falamos con Xabier Macías, irmán do compositor, e con Roberto Oliveira, investigador e responsable da dixitalización do legado.
    32 min
  • Algo que brilla
    Na Avenida de Europa, en Vigo, agóchase un xardín botánico que é unha alfaia de biodiversidade. Estes días a Fundación Sales acolle unha bienal de arte multidisciplinar
    Falamos coa comisaria da mostra, Sandra R.G., e coa bióloga Patricia Vázquez.
    16 min
  • 'Simbiose', gráfica seriada e expandida
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Simbiose', unha mostra de gráfica expandida na que presentan as súas creacións 24 artistas de España e Portugal, entre eles un bo número de membros do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra forma parte dun proxecto artístico Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo'.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube