Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Do stoner rock á rancheira mariñá
    A escolma musical de Tito Lesende ábrese esta semana con Queens of the Stone Age, que actuarán o 18 de xuño na Coruña, acompañados de Bala. Entre as novidades, 'O Movemento' de Sheila Patricia, producido por Berto, e un aperitivo dun novo proxecto, RSK Emocional. Poñemos o ramo cunha rancheira mariñá de 'Basal', o disco que está a piques de publicar A Pedreira.
    31 min
  • As portas da cidade
    Ignacio Pérez-Jofre percorre a cidade buscando significados e obxectos, que se converten en ideas e soporte físico para o seu traballo artístico.
    A súa nova exposición abre portas, literalmente, para desvelar que hai dentro delas. 'Abrir una puerta' pode visitarse no Espazo SVT de Vigo.
    31 min
  • Dúas de suspense
    As estreas da semana;
    *La bandera, comedia dramática  dirixida por Hugo Martín Cuervo  e escrita por Guillem Clua, que adapta a súa obra de teatro Al damunt dels nostres cants.​
    Con Imanol Arias, Ana Fernández, Miquel Fernández, Aitor Luna e Antón Lofer. 
    *Sleeping dogs, película estadounidense de suspense e misterio criminal que supón a estrea na dirección de Adam Cooper. Está protagonizada por Russell Crowe e Karen Gillan e é unha adaptación da novela de 2017 The Book of Mirrors de E.O. Chirovici
    31 min
  • Música, teatro e humor en 'Molto Barroco'
    Clásicos do Barroco interpretados con marimba, unha historia de enredos nunha corte europea, malabares, bailes e moito humor. Son os ingredientes de 'Molto Barroco',
    o terceiro espectáculo de Píscore Teatro, unha compañía formada por catro músicos metidos a teatreiros. Estreada en 2023, a montaxe chegará no mes de xullo ao festival
    internacional de Almagro e no outono xirará polo Cantábrico dentro da programación de Camiño Escena Norte.
    31 min
  • Os desafíos de investigar obxectos de estudo vivos
    Co propósito de crear redes e propiciar espazos de comunicación a Universidade da Coruña acolle o III Encontro Investigador de proxectos en curso. “Estudar a poesía das dúas últimas décadas ofrece desafíos, estás traballando cun obxecto de estudo vivo”. Falamos co investigador e coordinador do encontro, Isaac Lourido.
    16 min
  • Fotografar o regreso á terra
    'Un lugar desprazado coma o meu corpo' é o título da mostra fotográfica de Sabela Eiriz que acolle a galería Néboa de Lugo e que pode visitarse ata o 29 de xuño.
    Conversamos con Alba López Porto, directora de Néboa, sobre esta exposición e sobre o proxecto da galería, inaugurada a finais de novembro de 2023.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube