Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Os desafíos de investigar obxectos de estudo vivos
    Co propósito de crear redes e propiciar espazos de comunicación a Universidade da Coruña acolle o III Encontro Investigador de proxectos en curso. “Estudar a poesía das dúas últimas décadas ofrece desafíos, estás traballando cun obxecto de estudo vivo”. Falamos co investigador e coordinador do encontro, Isaac Lourido.
    16 min
  • Fotografar o regreso á terra
    'Un lugar desprazado coma o meu corpo' é o título da mostra fotográfica de Sabela Eiriz que acolle a galería Néboa de Lugo e que pode visitarse ata o 29 de xuño.
    Conversamos con Alba López Porto, directora de Néboa, sobre esta exposición e sobre o proxecto da galería, inaugurada a finais de novembro de 2023.
    31 min
  • Un nipogalego na RAG
    Conversamos co filólogo Takekazu Asaka, embaixador da nosa lingua no Xapón durante décadas, e agora recoñecido pola RAG como académico de honra.
    Tradutor ao xaponés de Rosalía de Castro, Cabanillas, Novoneyra ou Martin Codax, Asaka ensinou galego no Xapón e publicou manuais de aprendizaxe da lingua desde o xaponés.
    Conversamos con este 'nipogalego' en Cambados, unha vila que coñece en profundidade.
    31 min
  • O escritor na súa terra: Euloxio Ruibal
    Euloxio Ruibal, escritor, académico e renovador da dramaturxia galega contemporánea, será o sábado en Compostela O escritor na súa terra.
    A homenaxe da AELG inclúe que semente en Galeras unha abeleira. Con el falamos.
    31 min
  • Os camiños na Historia de Galicia
    Percorremos a Historia de Galicia a través das vías de comunicación, con Mario César Vila como guía. Desde as vías naturais e pasos de animais da Prehistoria ás autoestradas e vías férreas do presente,
    pasando polas vías romanas ou os Camiños Reais.
    31 min
  • A festa na Carballeira de Zas
    Emilio Españadero adiántanos parte do programa da Festa da Carballeira de Zas, que o 9 de agosto arranca a súa 39 edición.
    Escoitamos a Cantometrics, que o domingo vindeiro estarán no Lume na palleira
    31 min
  • Homenaxe a Dorothé Schubarth
    Con música, baile e palabra o Consello da Cultura Galega (CCG), o Museo do Pobo Galego e o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG-USC) celebran o mércores vindeiro un acto de homenaxe para lembrar a figura de Dorothé Schubarth (Basilea, Suíza, 1944-2023).
    Investigadora da música tradicional, autora do Cancioneiro popular galego, compositora e profesora... dela falamos con Antón Santamarina e Isabel Vigo
    31 min
  • Xuño lector e orgulloso
    As recomendacións lectoras para un mes de xuño orgulloso de Eva Mejuto: Elisa e Marcela, a publicación que recolle o texto da peza teatral do mesmo nome que a compañía A Panadaría levou por toda a Península e mais A receita do queixo lunar, de Paloma de Toro e Nuria Díaz.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube