Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Silencios da arte galega
    A exposición 'Outras miradas posibles' reúne obras de seis artistas nadas na década dos 50. Mónica Maneiro comenta esta mostra, comisariada por Susana Cendán, 
    que recupera os nomes de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
    31 min
  • Escolas e museos como ferramentas de transformación social
    Baixo o título 'Museos situados: xestión, educación e territorio', a 22ª edición das Xornadas Pedagóxcias da RMPL reúne escolas e museos 
    que impulsan accións comunitarias na súa contorna, desde centros escolares rurais ao Museo do Prado ou o Museu Nacional d'Art de Catalunya.
    15 min
  • A viaxe de meu pai
    Dolores Vilavedra tráenos hoxe A viaxe de meu pai, un libro que recolle notas e cartas escritos dende a fronte de guerra entre abril do 37 e xullo do 39. O curioso deste volume é que o publica Fernando Pereira cos escritos reais do seu proxenitor
    31 min
  • María Luísa Nache, unha galega na Ópera
    Este ano celébrase o centenario do nacemento da soprano coruñesa María Luísa Nache.
    Dsta cantante lírica galega, que chegou a compartir escenario coa Callas, apenas se conservan tres gravacións en directo. A investigadora Marieta Lorenzo guíanos pola súa vida .
    31 min
  • A verbena do Rella
    O sábado día 8 celébrase en Ramirás unha nova edición de A verbena do Rella. Música e bailes tradicionais, obradoiros, concertos e ata comida típica...dende a mañá ata ben entrada a madrugada. Con Emilio Españadero
    31 min
  • Lecturas de luar
    Eva Mejuto tráenos tres libros que exploran a fascinación que a lúa inspira, sobre todo no lectorado miúdo. Noites confinadas, de Chema Mesías, Ilduara Penas e David Catalá; o poemario Máxica Lúa, de Xoán Neira, con ilustracións de Lucía Barrios, e o clásico contemporáneo A que sabe a Lúa, de Michael Grejniec.
    8 min
  • 'O xeito á cantigha' de Alana
    Alana son Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro, e acaban de publicar o seu primeiro disco. As cancións de 'O xeito á cantigha' están baseadas en recollidas populares que combinan con pop e electrónica. Este verán actuarán no concurso Runas do Festival de Ortigueira
    21 min
  • Fume santo de loureiro
    Falamos cos Moura do seu último disco ´Fume santo de Loureiro`. Un EP que contén as catro cancións que conforman a banda sonora da curta ´Nai`.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube