Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • XI Galicia Escena Pro: o mercado do que vai vir.
    A Feira das artes escénicas reúne dende hoxe e ata o 30 de maio en Compostela a 200 profesionais da programación teatral. Preséntase 20 espectáculos nun programa aberto público, que organizan Agadic e Escena Galega. Falamos con Juan Rodríguez
    16 min
  • Tres novos arqueólogos
    Conversamos con Carlos Vázquez, Israel Gázquez e Brahim Ouhdach, tres estudantes do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade que imparten as tres universidades galegas.
    Con eles e con Mario César Vila falamos da formación dos futuros arqueólogos, das súas expectativas profesionais e ata da música que escoitan.
    31 min
  • "Os actos e as profecías"
    Afonso Becerra tráenos a última montaxe do Centro Dramático Galego: "Os actos e as profecías", unha obra dirixida por Tamara Canosa e que xira arredor dos "talent shows".
    11 min
  • Unha volta por Cans
    O Festival de Cans é esa versión rural, divertida e moito menos comercial que do festival de cine francés. Na vixésimo primeira edición pasarán polo Porriño David Trueba, María Vázquez e moitas outras personalidades do audiovisual. Falamos co director do festival, Alfonso Pato.
    16 min
  • As programacións escénicas á procura dun novo modelo
    Comezan en Mariñán as II Xornadas da Academia Galega de Teatro .“O deseño das programacións teatrais galegas: á procura dun modelo cooperativo” reúne a compañías e profesionais dos concellos. Falamos con Xavier Castiñeira, coordinador das xornadas
    16 min
  • O misterio de Santalla de Bóveda
    Viaxamos ata o conxunto arqueolóxico de Santalla de Bóveda. As modernas técnicas de investigación están proporcionando novas vías para entender un monumento que, até o de agora, era un dos grandes misterios do pasado romano en Galicia.
    15 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube