Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A pulsión xeométrica de Menchu Lamas
    Regresamos ás pinturas da viguesa Menchu Lamas, a precursora que nos anos 80 estableceu os primeiros lazos entre modernidade e tradición, entre o abstracto e o figurativo. A galería Luisa Pita de Santiago acolle unha escolma de obras de Menchu Lamas dos últimos 5 anos. Cadros de grandes formatos nos que as formas circulares e a pulsión xeométrica volven adquirir protagonismo.
    12 min
  • Un repaso dos Martín Códax
    Con Emilio Españadero repasamos os principais premiados dos Premios Martín Códax: Os Melidaos, Caamaño & Ameixeiras, Miudiño Sessions, A Arca da Noe... e un avance do próximo 'Lume na palleira'!
    19 min
  • Entre bosques de algas
    Imos somerxernos no fondo do mar para descubrir bosques de algas a través da mostra "Retrato dun bosque de laminarias", da artista viguesa Elena Alonso. Unha exposición na que combina pinturas coloristas, vídeo e realidade aumentada para poñer en valor estes ecosistemas mariños e concienciar sobre a súa conservación.
    10 min
  • Sons adormecidos
    Con Luís Miguel Crespo repasamos os vindeiros concertos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquesta Sinfónica de Galicia.
    13 min
  • FITEI: Construción dun país
    Comeza na cidade de Porto un dos festivais máis relevantes do calendario peninsular. O FITEI acompaña nesta edición os 50 anos do 25 de abril. Falamos co director do Festival, Gonçalo Juncal Amorim
    16 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube