Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 17 anos de Millo Verde
    O Festival Alternativo Millo Verde de Redondela chega á súa décimo sétima edición. Na área recreativa da praia de Cesantes soará esta fin de semana a música de grupos como Dios ke te crew, La Sra. Tomasa, Os Vacalouras, Catuxa Salom ou Sun Iou.
    31 min
  • O último de Vacaburra
    Afonso Becerra fálanos de ´Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos.
    Conferencia freak en formato desbordado arrededor da lectura escénica dos corpos sexuados`.
    Un espectáculo de Vacaburra en formato de conferencia performativa que abría en Vigo a programación cultural no mes LGTBIQ+
    31 min
  • De Marián a Eilen Jewell
    A escolma de Tito Lesende comeza esta semana con 'Playmóbil', a nova canción de Marián. As rimas dos composteláns Boyanka Kostova e das viguesas Vértebras guíannos pola axenda de concertos,
    na que tamén atopamos a estadounidense Eilen Jewell. Poñemos o ramo con máis 'americana' no disco homenaxe a Lowell George.
    17 min
  • O FunFunFun medra na súa sexta edición
    Debullamos o programa da sexta edición do FunFunFun, o Movidote de autoedición e banda deseñada independente, que este ano acolle o Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago.
    Feira de fanzines, obradoiros, perfomance, música e xornadas académicas polas que nos guían Manuel Barreiro e Maru Astray.
    11 min
  • As estreas da semana
    Moncho Lemos tráenos dúas de acción/comedia para ver comendo flocos de millo: ´Asesino por casualidad`e ´Dos policías rebeldes 4`.
    31 min
  • Encontro de poetas
    Viaxamos con Vituco Neira ata a Casa da Matanza para falar con Chus Pato, Bernardo Atxaga e Andrea Núñez da nova edición de ´Rosalía en camiño`. Este encontro de poetas desenvólvese dende hoxe ata o sábado.
    31 min
  • “Agony in the garden” de Lúa Ribeira en PHotoespaña
    A fotógrafa indaga na escena do drill e trap na mostra que presenta no festival. “Trátase de intentar entender estas linguaxes, prestar atención a esta expresión”. Lúa Ribeira reflexiona sobre a relación destas linguaxes co presente distópico, de crises financieiras,
    migratorias e mediomabientais. A fotógrafa da axencia Magnum participa tamén no proxecto Llibrets de Festes. Falamos con Lúa Ribeira
    16 min
  • 'Saudade sempre'
    Mentres escoitamos 'Saudade sempre', o seu novo disco, falamos con Cibrán Tenreiro de música, o acceso á cultura, cartos, expectativas vitais e desexos tramposos
    31 min
  • Videoxogos a prol da natureza
    A nosa experta en videoxogos tráenos hoxe tres propostas que comparten un mesmo obxectivo: concienciar sobre a defensa do medio natural. Trátase de *Endling, extinction is forever.
    *Plasticity.
    *Alba, una aventura mediterránea
    31 min
  • Caleidoscopio: Comeza XMC´24.
    Sete concertos e un espectáculo de danza con música e directo na nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que se desenvolven en tres espazos da cidade de Santiago. “A xente ten menos prexuízos. As persoas veñen para coñecer algo diferente” Falamos con Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia.
    16 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube