Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • O 'Amuleto' de Grampoder
    Roi Fernández e Martiño Suárez forman Grampoder, un dúo nacido das cinzas do grupo The Homens que acaba de publicar o seu terceiro LP.
    'Amuleto' aproveita ao máximo o formato de guitarra e batería para soster cancións que narran o desencanto vital de toda unha xeración.
    31 min
  • O nadador
    Dolores Vilavedra remata tempada con O nadador, de John Cheever, traducido ao galego por Moisés Barcia para Rinoceronte.
    Personaxes adúlteros, nómades, insatisfeitos que desexan evadirse e mudan de vida nun instante…
    Este é o quinto dos seis volumes de contos que publicou John Cheever, e o mellor de todos eles, segundo a crítica.
    31 min
  • Carricantas e satélites
    No Café Cósmico con Estíbaliz Espinosa falamos hoxe de carricantas e de enxames de satélites espaciais, con versos de Samuel L. París
    31 min
  • 'Future Stories', a mirada de 3 novos fotógrafos
    O peirao de Batería da Coruña volve acoller unha exposición de fotografía contemporánea. Neste caso, 'Future Stories', unha mostra que recolle series de tres fotógrafos novos, Umesh Graña, Sofía Taboada e Alba Jiménez.
    Os tres creadores tituláronse en Fotografía na Escola Mestre Mateo de Santiago e foron seleccionados pola Fundación MOP para un programa formativo sobre fotografía de moda en Milán. A mostra 'Future Stories' pode visitarse ata o 31 de xullo e compleméntase con encontros coa escritora Milena Busquets, o fotógrafo Nick Knight e o arquitecto David Chipperfield.
    31 min
  • Basal. Trenzando palabras. Pensar, sentir e actuar
    Preséntase como unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Basal  reúne nove cancións nun percorrido musical que explora diversos xéneros” Quería facer o disco máis libre desde que comecei con 25 anos”. Soará en concerto o día 23 no Teatro Colón: “penso a música como arte escénica”. Falamos con Ugía Pedreira do seu novo disco
    31 min
  • Música tradicional para despedir a tempada
    Remata por esta temporada a colaboración do noso experto en música tradicional.
    Escoitamos a Ansuíña e Maré. E como adianto dos convidados de Lume na palleira do domingo vindeiro, Brincadeira e Os do fondo da barra.
    31 min
  • Glifo, a procura dunha linguaxe escénica propia e orixinal.
    Preséntase como unha obra de artes varias chea de marabillas visuais e sonoras. Glifo reúne no Teatro Ensalle de Vigo distintas intérpretes e investigadoras nunha creación de Montse Piñeiro: “é un xoguete escénico no que a xente pode entrar, observar e participar se quere”.
    16 min
  • Vampiras e outras criaturas
    Eva Mejuto proponnos hoxe Adeline, de María Solar, unha novela xuvenil de vampiras lesbianas, e XE, un álbum ilustrado infantil de Laura Boubeta e Sara Valcárcel
    31 min
  • Música en directo á beira do río
    Volve o Surfing the Lérez á Illa das Esculturas de Pontevedra. Un festival de balde, solidario, á beira do río Lérez, no que escoitar a Hydn, Boyanka Kostova, Niños Mutantes, Nena Daconte, Terbutalina, Grande Amore, Joe Crepúsculo ou The Rapants, entre outros.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube