Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Deseño galego premiado
    A deseñadora Uqui Permui, alzouse co reputado Premio Europeo de Deseño, polas coloristas bolsas de sementes que creou para a empresa “Sementares”. Bolsas actractivas na aparencia externa e feitas con criterio sostible, xa que se fabrican a partir de fibras de tomate.
    A maiores, outros 3 estudios galegos recibiron galardóns por deseños de lámpadas de teito feitas con granito, libros bordados ou a web para unha coreógrafa na que aprezamos un singular ‘baile de letras’.
    31 min
  • De Maricarme a Alice Cooper
    Tito Lesende comeza o repertorio deste xoves con Maricarme, o trío folk formado por Cibrán Seixo, Migui Carballido e Antía Amexeiras, que ademais participa con Sabela Caamaño na canción 'As vidas caladas' de Antía Muíño.
    31 min
  • Teatro sobre rodas
    'De Vilatriste a Vilalegre' é o título da nova obra da compañía Teatro Ó Cubo, da que falamos con Sofía Espiñeira e Roberto Casal. Unha coprodución co Centro Dramático Galego que percorre o país nun escenario móbil, o camión “A utópica rodante”. O domingo 30 de xuño estará na Mostra de Teatro Cómico festivo de Cangas.
    31 min
  • Principia en Cangas a Mostra de Teatro
    Inclusión e convivencia son os eixos da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, que se celebra dende hoxe ata o 7 de xullo.
    O programa inclúe a última produción de Chévere: Helen Keller, a muller marabilla e 7 estreas absolutas.
    Falamos coa pregoeira, a actriz Patricia Vázquez, e coa directora artística, María Armesto.
    31 min
  • No verán, Café con Ardora
    Durante este verán compartiremos 'Cafés con Ardora' con Estíbaliz Espinosa. Conversas sobre cultura e ciencia nas que comparten protagonismo, ao mesmo nivel,
    a literatura e a astronomía, a física e a música, a arte e a neurociencia. Neste primeiro café estival falamos do fenómeno da ardora e de bioluminescencias, con 
    música de Kozmic Muffin e textos de Kobayashi Issa e Clarice Lispector.
    31 min
  • María Ruido, premiada na Mostra de Cangas
    Conversamos coa artista visual e investigadora María Ruido, á que a Mostra de Cangas recoñece co premio 'Mulleres en Acción' pola súa "contra-narrativa feminista e de clase". 
    A Mostra proxecta este mércores o seu último filme, 'Las reglas del juego' e expón as súas primeiras creacións na mostra '4 Performances'.
    31 min
  • Arranca o Resurrection Fest
    Comeza en Viveiro o RESU 2024, que vai pola súa edición número 19.
    A estrela desta xornada de apertura é Alice Cooper pioneiro do heavy-glam e historia viva do rock aos seus 76 anos.
    Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente mundial da música metal, punk, rock e hardcore
    31 min
  • A riqueza da nosa toponimia
    Vicente Feijoo, filólogo especialista en Toponimia, fálanos este verán da enorme riqueza que constitúen os nomes galegos de lugar. 
    Un patrimonio excepcional no ámbito europeo pola súa densidade, variedade e antigüidade, que intentan preservar en Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa á que xa contribuíron unhas 6.000 persoas.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube