Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Cuarta Xusta
    O grupo melidense Cuarta Xusta preséntanos o seu segundo disco, 'Libre Amencer', en conversa con Vituco Neira
    16 min
  • Un anaco da exuberante pintura barroca veneciana
    A exposición "Deuses e heroes do barroco veneciano", na sede Barrié na Coruña, tráenos un anaco da extraordinaria e exuberante pintura barroca que a República de Venecia empregou entre os séculos dezaseis e dezaoito para proclamar ante o mundo o seu poder e magnificiencia.
    13 min
  • Da túa man para a miña
    A exposición Da túa man para a miña abre as actividades complementarias da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en Santiago. Fran Rodriguez Casal ultima tamén a longametraxe do mesmo título que dirixe con Coral Piñeiro.
    10 min
  • Lecturas corporais con Eva Mejuto
    Eva Mejuto segue conmemorando o 8M con libros. Desta volta, Bárbaras, un achega desenfadada á menstruación de María Reimóndez, e mais Desmontando o corpo. Construíndo a ciencia,
    de Andrea Barreira Freije, sobre as irmás Fernández de la Vega.
    10 min
  • A aposta pola cultura da Comunidade de Montes de Tameiga
    Coñecemos a actividade cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, no concello de Mos, cerca de Vigo.
    Son os responsables dunha das salas de concertos máis importantes de Galicia, a Sala Rebullón, e organizan eventos como o Miúdo Fest e o recén creado Son da Rebullón
    19 min
  • 'O meu mundo non é deste reino'
    Afonso Becerra tráenos unha adaptación de Teatro da Ramboia: 'O meu mundo non é deste reino'. Trátase dunha parábola teatral que, a través dos mecanismos festivos da farsa, lévanos aos camiños máis escuros da Ditadura franquista.
    13 min
  • Chega aos cines 'Tratamos demasiado bien a las mujeres'
    Recibimos a Mamen Quintas e Cris Iglesias, produtora e actriz do filme 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', que chega aos cines apoiada pola CRTVG. A película conta cun elenco coral que encabezan Carmen Machi e Antonio de la Torre e discorre practicamente nunha única localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba.
    13 min
  • 'La máquina del buen rollo'
    Tito Lesende fálanos de 'La máquina del buen rollo', o terceiro disco dos muradáns The Rapants e pica tamén cancións de Éric Dopazo, Combo Paradiso e Dani Dicostas.
    30 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube