Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • O último de Madruga Works e Under Castle
    Con Luz Castro falamos dos últimos traballos de dous estudos galegos. O incipiente Under Castle está a piques de sacar 'Xelatina ten fame' e o xa consolidado Madruga Works lanzou o pasado ano 'The Mobius Machine'.
    8 min
  • Os 40 anos do Centro Dramático Galego
    Nun 27 de marzo de 1984, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Eduardo Alonso, Fran Nuñez, Xulio Lago e Tamara Canosa falan da historia e do presente do CDG.
    21 min
  • A microserie Nosoutras
    A microserie Nosoutras visibiliza artistas galegas para a xeración Z. O espazo, que pode verse na plataforma dixital Agalega.gal, repasa as súas vidas nun formato desenfadado para conectar coa mocidade.
    7 min
  • Jorge Prada, Carrión e A Roda
    Con Emilio Españadero falamos da banda sonora orixinal do documental 'Un guerrillero llamado Santiso' a cargo de Jorge Prada: "O camín do Carral". Tamén escoitamos "La Palmira" do grupo Carrión de Palencia e os "Ruliños" d'A Roda.
    10 min
  • As triunfadoras dos XXII Premios Mestre Mateo
    'O Corno' con 7, 'Matria' con 5 con e 'Rapa' con 3 foron as gañadoras dos premios Mestre Mateo nunha das galas máis celebradas da historia dos galardóns que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Conversamos coa directora de 'O Corno', Jaione Camborda, a actriz María Vázquez, protagonista de 'Matria' e Alfonso Blanco, director de Portocabo, productora de 'Rapa'.
    18 min
  • Astérix en galego e poesía no vento
    Astérix en galego e poesía no vento
    Eva Mejuto conmemora o Día da Poesía e o Día da Banda Deseñada nas súas propostas lectoras desta semana. Falamos das traducións ao galego de 
    Astérix e mais do poemario 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro.
    10 min
  • A gordofobia a escena
    A gordofobia a escena
    'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada' é o monólogo que a dramaturga Esther Carrodeguas lle dedica á nosa difícil relación
    co propio corpo.
    19 min
  • Os gañadores dos María Casares
    Os Premios María Casares de Teatro que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregáronse onte no Rosalía da Coruña. Nunha festa chea de música e de mar, a gran triunfadora foi 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. Falamos co seu director, Tito Asorey, e coa actriz protagonista premiada: Marta Lado. Ademais, conversamos tamén con Artur Trillo e Quico Cadaval, mellor dirección xunto con Tito, por 'O auto do Castromil'. Todo coa colaboración do noso experto Afonso Becerra.
    29 min
  • Música para a primavera
    Escoitamos con Tito Lesende o novo disco de Pauliña, 'GALEGO IS NOT DEAD', novas cancións de Baiuca e mariagrep e Fillas de Cassandra, que serán protagonistas na noite dos Mestre Mateo
    e presumen de catro candidaturas aos premios MIN da música independente
    9 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube