Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Arte e creatividade da man da SGAE
    Un encontro deseñado para que a cultura, a comunicación e a empresa dialoguen nas voces de profesionais da cultura, a comunicación, a empresa e o compromiso. Referentes da cultura como Nerea Barros, Teo Cardalda, Sabela Maneiro, Mercedes Peón, Tonhito de Poi ou Sabela Ramil comparten as súas experiencias con comunicadores como Déborah Ciencia, Esther Estévez ou Tamara García
    11 min
  • Novelas visuais
    Luz Castro explícanos en que consisten as novelas visuais, un xénero de videoxogos de aventura conversacional. "Ti Primeiro" foi a primeira novela visual en galego, creada por Roberto Alvite e producida e publicada por Melgo Cinema.
    7 min
  • Os actos e as profecías: o público no centro
    “Tod@s abandonamos persoas e principios no camiño marcado para o éxito, para chegar”. O CDG estrea a obra central do seu 40 aniversario, Os actos e as profecías. Falamos con directora, Tamara Canosa e cunha das intérpretes, Mónica Camaño.
    22 min
  • A solidariedade a través do 'NOSO'
    Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'Os Náufragos Teatro. Con texto e dirección de Gustavo del Río, trátase dunha obra que conxuga o posesivo do pobo, da comunidade e do territorio.
    10 min
  • E Touriñán dixo: "Aquí tou!"
    Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'!
    18 min
  • Os 50 anos dunha "revoluçao" imborrable
    En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa. Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria.Falamos con Jaime Pena, responsable de programación.
    17 min
  • O coidado social para outro tempo
    “Os custos que supón o coidado están recaendo nas mulleres. Hai que ir a un coidado social”. Cristina García Sainz fala de “Os tempos sociais do traballo cunha perspectiva de xénero” na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra.
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube