Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • aRi[t]mar
    Chegan a Braga os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas. Desenvolvidos no seu comezo pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, fan parte da Rede da GaliLusofonia.
    16 min
  • 'Dansa' de Galicia ata València
    Afonso Becerra tráenos un híbrido de festival, feira e festa: o Dansa València. Na súa 37ª edición este festival quixo estreitar lazos con Galicia cunha programación na que destaca Marcia Vázquez co seu 'Onde pousa a humanidade' ou Paula Quintas con 'Multiperspectivas#2'.
    31 min
  • Escavando a Alta Idade Media
    A escavación desenvolvida nas últimas semanas no monte de San Cibrán, entre as parroquias de A Picoña (Salceda de Caselas) e Guláns (Ponteareas), revela unha fortificación da Alta Idade Media.
    Atoparon tanto estruturas coma pezas que amosan unha cultura moi definida ata o de agora sen documentar.
    12 min
  • '+Cuñados' e 'Civil War'
    Moncho Lemos tráenos as estreas da semana: a secuela '+Cuñados', dirixida por Luis Avilés coa participación da TVG; e 'Civil War', do director Alex Garland.
    10 min
  • Abril tamén é para a danza
    A programación do Teatro Rosalía Castro da Coruña mantén dende hai 22 anos unha atención continuada á danza. Falamos co director do Rosalía Castro, Paulo Rodríguez.
    18 min
  • Elas son artistas
    Sétima edición do ciclo “Elas son artistas”. Na área metropolitana da Coruña, de abril a novembro e en diferentes espazos públicos e privados, como as salas de concertos Jazz Filloa, Garufa Club ou Mardi Gras.
    A artista e compositora balear Maika Makovski estará hoxe no Teatro Colón abrindo o ciclo.
    16 min
  • A cor da memoria
    Luís Miguel Crespo dános as claves do programa da Real Filharmonía para esta semana: "A cor da memoria", dirixida por Baldur Brönnimann e Wu Wei ao sheng. Composta por "Ecos vermellos", "A cor amarela para sheng e orquestra" e "O paxaro de lume, suite (versión 1945)".
    12 min
  • 'A noite das cebolas'
    Dolores Vilavedra tráenos unha experiencia agrícola para animar a calquera a través de 'A noite das cebolas', unha novela de Rosa Aneiros editada por Xerais.
    8 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube