Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A Revolución dos Caraveis en primeiro plano
    João Afonso - sobriño de Zeca Afonso - e Uxía Senlle promoven unha xira de concertos en conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis. Fan parada tamén en Galicia. En Santiago arredor de 1000 persoas están apuntadas para cantar o Grândola nas inmediacións do Burgo das Nacións.
    15 min
  • Festa de finalistas dos Martín Códax
    Corenta e cinco bandas e artistas pasan á recta final dos XI Pemios Martin Códax da Música. Comeza o período de votacións para decidir os galardóns que se entregarán na Gala do 15 de maio en Pontevedra
    16 min
  • Videoxogos inspirados en clásicos
    Con Luz Castro poñemos en primeiro plano os videoxogos, desta vez afondando naqueles que están inspirados en clásicos como Alicia no Pais das Marabillas, A Volta Ao Mundo ou Tintín.
    12 min
  • O punk segue vivo!
    Morreu a música punk? Hai futuro? Son preguntas que responde Julen, vocalista do grupo The Eskarallas. Cunha forte pegada do punk da vella escola de Eskorbuto, Cicatriz ou La Polla Records, esta banda vén de presentar o seu primeiro disco, que xa están xirando, e no que non falta a retranca, a irreverencia e a crítica social.
    16 min
  • 'Lobos nas illas'
    Dolores Vilavedra tráenos un clásico de Marilar Aleixandre: 'Lobos nas illas'. Esta obra foi publicada por Xerais en 1996 e foi reeditada e traducida ao castelán por Galaxia en 2022.
    11 min
  • Berta Cáccamo
    O Museo de Pontevedra acolle a mostra "Berta Cáccamo. Correspondencias dun arquivo", que busca manter viva a súa memoria e difundir a obra da pintora abstracta.
    Falamos co seu irmán e co comisario da mostra.
    16 min
  • Sun Iou: amizade e amor á música
    “Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto.
    15 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube