Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Dúas décadas de Play-Doc
    Marchamos a Tui, onde o festival Play-Doc celebra dúas décadas buscando novas estéticas e apostando pola experimentación audiovisual. A sección oficial inclué este ano 7 películas do cine máis recente, entre eles a fita póstuma de Jean Luc Godard, "Guerras de broma".
    14 min
  • Escenas do cambio
    O venres comeza en Santiago unha nova edición do festival Escenas do Cambio
    O festival chega ó décimo aniversario con trece espectáculos nos que a música, o teatro, a danza e as performances dilúen as súas fronteiras.
    16 min
  • 'En espiral'
    A nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos unha obra de Xosé Luís Méndez Ferrín con escolma e introdución de Daniel Salgado: 'En Espiral'.
    10 min
  • Lousas para a reflexión
    A exposición "Lousas dun mesmo mundo", do artista compostelán Denís Estévez, inclúe un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas en branco e negro. Creadas coa técnica da colaxe, convidan ao espectador a unha dobre lectura crítica, tanto das composicións amosadas coma do mundo no que vivimos.
    18 min
  • Un pouco de Brúa
    Emilio Españadero avánzanos ao grupo que estará esta semana en Lume na Palleira: Brúa, que presentan o seu primeiro disco homónimo.
    5 min
  • Un día para danzar
    Celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea.
    11 min
  • Labirintos de activismo educativo
    Visitamos a mostra "A táctica do colibrí" que, inspirada nos antigos gabinetes de curiosidades e galerías de pinturas, afonda no activismo educativo en defensa dos dereitos humanos. A través das experiencias de varios artistas contemporáneos, convida ao espectador a elixir o seu propio percorrido por corredores labirínticos. Falamos co seu director, Chema Mesías, e cun dos artistas participantes, David Catá.
    14 min
  • A perspectiva queer do folclore
    Co proxecto performativo Todo o mundo é contra min-eh o artista explora a liberdade da cultura popular. Comeza en Vimianzo a nova edición das Residencias Paraíso. Falamos con Sergio Marey
    16 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube